Hai 3 anos fun collendo diferentes fotos e textos relacionados con san Benito, especialmente ca devoción do Rabiño, concello de Cortegada,e compartinos en redes e pola bitácora persoal delouredo. Inda que non tiveron demasiado éxito nin divulgación, 3 anos despois lánzome a unha nova recollida de material, aproveitando a novena a san Benito, na súa festa denominada "do inverno". Por ser, sería a primeira festa de primavera, pero o calificativo xa o ten de vello e os medios seguen a transmitilo cada ano, así que asumímolo, ca debida matización anterior.
![]() |
Lista con varias entradas relacionada co san Benito do inverno 2021 |
O achegamento e reunión de fieis e curiosos na igrexa do Rabiño, arciprestado de Ribadavia dende 2013, pode ser unha oportunidade de ouro para compartir memoria e deixar constancia dela, especialmente fotográfica, en vídeo e por escrito. Documentar ditos, accións, celebracións e recordos para cantos desexen seguir sabendo do Rabiño dende o exterior (cantos emigrantes temos con ganas de ver a súa terriña querida), ou busquen información, ou se acheguen por diversos motivos ata aquí...
![]() |
Publicación do 17 de marzo de 2021 Queres lela completa? AQUÍ |
Dende o terreo ou dende casa, calquera achega será benvida neste espazo. E menos mal que non é o único, pero si podo enorgullecerme de ser o máis completo, unindo texto, imaxe e contexto. Mágoa non poder estar alí para unha recollida máis selecta e sentida, pero é o que hai.
![]() |
Fotos e datos de anteriores festas. Máis por AQUÍ. |
A miña idea para este ano é ir ofrecendo unha serie de entregas relacionadas con este santo nesta época do ano. Se hai oportunidade, con material gráfico contemporáneo dende O Rabiño. Se non, con fotos do ano pasado (propias) ou recollendo as que compartan nas redes e contextualizando as mesmas. Pero tamén ofrecendo textos da novena (dispoño dunha vetusta copia da segunda edición e o ano pasado busquei unha máis actual, pero non tiñan á venda) e da investigación sobre o santo e o seu tempo. Ogallá vaia adiante a petición que lle farei a diferentes persoas para que nos fagan partícipes da súa memoria sobre esta celebración.
![]() |
Perspectivas únicas no Rabiño |
Basicamente, gustaríame lanzar un novenario complementario do devocional. Nove entradas nesta bitácora onde a cultura, en sentido amplo, nos achegue ó que sucede no Rabiño e axude a redescubrir a zona, a súa xente, os costumes e, particularmente, a novena e celebracións relacionadas con san Benito.
![]() |
Textos que poucos coñecen, pero que ben podiamos descubrir e compartir |
O esquema posible para eses días sería: foto dun texto da novena e transcrición, texto sobre a historia do monacato ou contexto cercano a san Benito, texto sobre a súa vida e remate con material relacionado co Rabiño e o san Benito do inverno.
Calquera achega, non me cansarei de repetilo, será benvida. Eu fago voto de compartir o que vaia descubrindo, de diferentes modos e en distintos espazos. Aquí quedará a maior parte dispoñible, por iso paso a ligar as entradas a seguir, xunto con ligazóns a redes sociais de interés, onde seguramente terán as fotos máis actuais.
Entradas
Ligazóns de interese
- Igrexa do Ribeiro (Fb)
- Parroquia san Benito do Rabiño (Fb)
- Louredo (Fb)
Comentarios
Publicar un comentario