Fotos do palco dos Diestros, Louredo

Hai pouco que me enterei que hai quen busca catalogar e saber máis dos palcos de música en Galicia. Esto animoume a sacar varias fotos e recuperar outras do que máis preto temos: do palco dos Diestros, onde en tantas festas se subiron os músicos para deleite do pobo. 

Vou, pois, a a compartir esta selección de fotos, esperando que haxa quen aporte datos e aparezan fotos de hai anos onde se vexa, logrando unha secuencia histórica do seu existir.

O palco de música de Louredo

O palco está situado no pobo e parroquia de Louredo, baixo patrocinio de san Xoán bautista, no concello de Cortegada, Ourense. Posto ó ladiño da igrexa parroquial, está dentro dos límites que marca o muro baixo de 1923, ocupando un recuncho, do lado do Regueiro que conecta ca Crespa, O Outeiro e A Laxa

De sinxela construción, usáronse bloques, cemento e ladrillo, ademais dunha estrutura metálica para o tellado de "uralita" metálica. Dúas columnas alongan o tellado, deixando unha parte do palco ó aire libre polos costados, mentres a maior parte consiste cun case cuadrado cuberto por todos lados, menos o dianteiro. Non chega ser cadrado xa que se adapta á forma do muro circundante do terreo que denominamos Diestros. Os límites veñen postos polos terreos dos Diestros, que o rodean por tres lados, e as casas, a da Pura e da Xefa da tenda.

O palco e arredores dende o ceo

Dende captura de Google Maps, realizada o 04/09/2023, así o vemos.

 


 Coordenadas:

42°13'21.7"N 8°08'42.4"W
42.222696, -8.145101

 

1. Palco

2. Terras do Regueiro

3. Barrio da Torre

4. Cruceiro da Torre (e transformador do pobo)

5. Fonte do Cano, límite da Torre e O Outeiriño, camiño ós Veciños

6. Terras do Campo e Os veciños

7. Camiño cara Louredo, barrio, terra das Hortiñas e O Regueiro

 

Con data do 21/09/2004 podemos ver foto aérea consultable na web do IGN. Aquí vai recorte e datos.


 

Info:

Vuelo fotogramétrico del Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) del año 2004, con escala de vuelo aproximada de 1:30.000. Zona suroeste de Galicia. Cubre la franja sur de la provincia de A Coruña, la provincia de Pontevedra y pequeñas zonas del suroeste de la provincia de Galicia y del noroeste de la provincia de Ourense.

Nombre de fichero: h50_0225_fot_2833

Formato: ecw

Código:P-0009_0225_10256_2833

Pasada:10256

Fecha: 21/09/2004

Na mesma web podemos consultar outro voo, como o de 09/08/2008, cos seguintes datos: 

Vuelo fotogramétrico del Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) del año 2008, con tamaño de pixel de 0,22 m. Escala de vuelo aproximada de 1:15.000. Mitad oeste de Galicia. Cubre las provincias de A Coruña y Pontevedra, excepto algunas pequeñas zonas al este.

Desa pasada aérea, recorto.

 


 

O 16/09/2020

 


O palco e arredores a pé de terra

Despois dunha pequena busca de fotos destes anos, recollo unhas cantas máis, sacadas a tarde da misa do san Xoán "degollado", o 29/08/2023.

O palco está a un paso da igrexa parroquial, no lado da sacristía e da parede onde inda se ve unha frecha vermella pintada.

De dous anos atopei o palco en uso e deles paso a compartir as primeiras tomas.

As de 2007 teño a sorte de ter tamén foto do cartel das festas, que poño en primeiro termo.

 

 

Ata catro fotos gardo da actuación da charanga Monte do Baño no palco. Os metadatos da foto din que era mediodía do 22 de xuño, pero tivo que ser o 23/06/2007. Pode que as quitara ca cámara compacta e tivera mal o calendario.

 





Finalmente, unha ollada dende o camiño do Regueiro-Cazapedo, antes de subir cara O Outeiro, onde vemos a igrexa e o palco nun día ben solleiro.

 


Outro día bonito cadrou para a festa da natividade de san Xoán de 2008. E aí temos o palco, compartindo protagonismo ca igrexa, nesta foto.

 



O palco encheuse ca banda, se non recordo mal, de Celanova, que tamén participara marabillosamente en Misa.



 

Cando a procesión vai rematando, entra nos Diestros e dá unha volta ó templo. Aquí temos o palco de fondo, mentres pasan os veciños polo seu lado ca imaxe do patrono parroquial.





Desa mesma procesión, pero en xuño de 2009, teño varias fotos. Daquela tocaban durante o acto a charanga ourensá Os Chispas. O palco aparece nesta foto, antes de que pasemos polas terras do Regueiro e enfilemos cara o templo, inaugurado en 1913.



Salto a 2022, con perspectivas semellantes, mais cun ceo amenazador e impresionante.




Meses despois, e dende O cazapedo, tirei esta foto no atardecer do 18/09/2022. Non teño fotos propias do "san Juan degollado", xa que non me cadrou poder ir.



Agora, as deste ano, as que saquei aproveitando a memoria do martirio de san Xoán bautista. ese día considérano santo ou festivo no pobo. A Misa celébrase pola tarde e, antes da bendición final, cántase nela o solemne e longo himno a san Xoán de Louredo.











Comentarios