A ficha da igrexa de san Xoán de Louredo, arciprestado de Ribadavia, está entre as catro máis visitadas de Galicia nomeada. No particular podio da plataforma é a única representante da provincia e diocese de Ourense. Logrou tal posto gracias ás visitas que recibíu, confirmando que a pesar da súa sinxeleza e de contar pouco máis dun século de existencia, lonxe da rotas máis publicitadas hai espazo para atraer a atención.
Queres vela e darlle máis visibilidade? Fai clic ou preme AQUÍ MESMO.
Galicia nomeada, unha plataforma de máximo interés
A toponimia galega é un tesouro que sempre podemos aumentar. A cantidade de nomes de terras, regos, ríos e lugares é dunha diversidade e amplitude tal que somos a rexión de España máis rica neste campo. Galicia nomeada é unha plataforma onde colocar, etiquetar e compartir tal tesouro. Ca Xunta e a Real Academia como piares, o espazo de Galicia nomeada é unha oportunidade de ouro para recoller tódolos topónimos posibles, xeolocalizalos, fotografalos e deixar un texto que o explique ou deixe noticia del para sempre. Porque un detalle do tesouro que é a toponimia galega é que inda queda moita por recoller e localizar no seu determinado lugar.
Ollada á igrexa de san Xoán de Louredo
Con algúns cambios ó longo destes anos, a ficha que fala sobre a igrexa de san Xoán de Louredo é un resumo do que coñecemos dela. Di así, en consulta realizada o mércores 5 de febreiro de 2025:
O templo parroquial de san Xoán de Louredo está adicado a san Xoán bautista, sendo a festa patronal o 24 de xuño, data precedida de novena. Algunha vez se celebrou novena, tamén, para celebrar o día do martirio, o 29 de agosto, pero o normal é que se celebre Misa ese día, sen máis. A parroquia pertence ó arciprestado de Ribadavia, sendo parte do de Cortegada anteriormente. Foi no 2013 cando este desapareceu e se pasou a aquel, na última reforma arciprestal diocesana, baixo o pastoreo de monseñor Leonardo Lemos Montanet. De sinxela feitura, consta de unha sola nave, con espadaña sobre porta maior, con espazo para dúas campás, e dous pequenos locais a ambos lados do presbiterio, sendo un a sacristía e o outro un almacén. As campás levan dous anos diferentes: a grande é de 1923, mentres que a pequena é de 1953, sendo o fundidor Malingre (desde mesmo ano e fundidor é a estatua de bronce dedicada a monseñor Francisco Blanco Nájera, sita no claustro do Seminario Maior de Ourense). Segundo testemuña da época, as dúas campás eran do 23, pero a pequena rachou e refundiuse. Nos laterais do templo sobresaen dous contrafortes. Tres son os retablos, de factura local, da man do artista de Remuíño, José "O Choio". En carta do 4 de xullo de 1913, publicada no Boletín diocesano, o rvdo. Constantino Rodríguez dá unha serie de interesantes datos: que a igrexa é de nova construción, que foi inaugurada o día da festa de san Xoán, que se trasladaron imaxes de santos e o Santísimo desde a vella igrexa á nova, que a construción desta levou 6 anos,... Tal festexo foi recollido por algúns periódicos da época, en brevísimas notas.
Posición no podio en febreiro de 2025
Nun digno cuarto posto, no "podium" de Galicia nomeada, atopamos a ficha da igrexa de san Xoán de Louredo. 537 visitas a levaron a tal posto e podedes facer que suba, premendo nesta ligazón á ficha, visitándoa e compartíndoa.
O caso é que estamos ante unha construción digna, amplia, sinxela, pero tamén chamativa no seu lugar. Situada nuha chaira alta, rodeada polas terras do Regueiro, O Cazapedo e A Torre, é ben visible dende a estrada, de fácil acceso e ca suficiente historia detrás como para deterse un intre a admirala.
Buenos días. Este es un mensaje en busca de ayuda. Vivo en Madrid, tengo 81 años, y estoy intentando conocer la fecha de nacimiento de mi abuelo paterno José Méndez Álvarez, fallecido en fecha y lugar desconocidos antes de que yo naciera, así que nunca lo conocí. Los únicos datos que tengo son que -aparentemente- nació en Louredo, hijo de Juan Méndez y Concepción Álvarez, y casó con mi abuela Araceli Carpintero Estévez en Cortegada el 20 de noviembre de 1905 (el documento indica que tenía 28 años), entonces su nacimiento sería hacia 1876, 1877 o 1878). No sé si en la parroquia de San Xoán, en Louredo, se guardan todavía libros parroquiales tan antiguos para poder comprobar su fecha de bautismo. Tampoco sé si se inscribió en Louredo, San Benito o Cortegada. Desconozco nombres o direcciones con quién contactar en Louredo para buscar estos datos, para mí muy importantes sentimentalmente. Quedaría muy agradecido si alguien pudiera orientarme sobre la mejor manera de averiguar su fecha de nacimiento o bautismo y conseguir una copia de su inscripción en el libro parroquial. Con gracias anticipadas a cualquiera que pueda echarme una mano. Saludos.
ResponderEliminarEn la parroquia no se conservan ya esos libros, aunque habría que consultar con el nuevo párroco. Lo normal sería enviar este mismo mensaje al Archivo Histórico Diocesano de Ourense y al Ayuntamiento de Cortegada, ya que puede haber datos en la partida de matrimonio.
Eliminar1. Archivo Histórico Diocesano: https://obispadodeourense.com/partidas/
2. Ayuntamiento Cortegada: https://www.cortegada.es/tramites_rexistro_civil.html
Si tengo novedades, porque voy a preguntar personalmente, le aviso :-)