Louredo, san Xoán degollado 2023

Sobre as 20:30 do pasado martes 29 de agosto, tocaba a campá "grande" da igrexa parroquial de Louredo a "entrada" para Misa. Celebrábase a memoria do martirio de san Xoán bautista, patrono do pobo. Presidida a Eucaristía por don José Ramón Villar, o coro de Louredo armonizou a celebración co seu canto, elevando a vivencia da liturxia con maior emoción. Punto importante foi, xa cara o final, antes da bendición, o unirse todos no tradicional himno a san Xoán de Louredo, composto hai moitos anos por dous sacerdotes, afillados de don Esteban Viso, que foi veciño e pastor da parroquia.

As dúas festas de san Xoán

A nivel litúrxico, san Xoán bautista disfruta de dúas celebracións anuais: a da súa natividade e a do martirio. Un caso único dentro dos santos católicos, dos que só se soe celebrar a morte ou algunha data especialmente relacionada. 

En Louredo hai misa nas dúas ocasións, sendo na primeira precedida por nove días de novena. En agosto só se reúne o pobo para a misa vespertina. De todas, en ambos hai esa sensación e dicir na xente do pobo: hoxe é día santo e non se traballa. Cando se decide, inda hai quen significa a comida con detalles como facer un arroz con leite de postre. 

Como se ve, a memoria do martirio non mostra o despregue da festa de xuño. daquelas báixase unha das imaxes do santo, ponse adornada nun lugar preeminente do presbiterio, celébrase misa solemne e sae o pobo en procesión. Tamén hai reunión das familias e comida de festa.

 


Unha sentida prédica

O sacerdote, revestido de casulla vermella, non deixou pasar a ocasión de animar ó pobo nun día de festa, inda que sexa vivido de forma sinxela. Tras das lecturas, pronunciou unha breve homilía, comentando, entre outras...

Xoán é, como dicimos noutras ocasións, o precursor do Mesías, quen o sinala e di que está a entre nós. É quen di que o Cordeiro de Deus está aquí, que non é el, senón outro, a quen sinala. 

Ese testimonio que iba dando, primeiro ca palabra e, despois, xa ca súa vida chegou ó seu punto culminante co seu martirio. Esas palabra que dicía molestaban a moita xente e por iso decidiron acabar con el.

Hoxe honrámolo. Dous mil anos despois seguimos a telo presente como unha persoa de principios, unha persoa honesta, coherente. Por eso volvemos a encomendarnos a san Xoán.

 


 

Himno a san Xoán de Louredo

Ata o presente, só podo dicir que nos quedou a letra do himno que lle cantamos a san Xoán cada ano e o dato de que foi composto por dous sacerdotes, afillados de de don Esteban, cura do pobo e veciño do barrio dos Veciños. Di así:

Al excelso san Juan tributemos alabanzas de gloria y honor. Y su augusto poder imploremos, de Louredo, su pueblo en favor. (bis)


Tu nacer, por un ángel glorioso nos es anunciado. Y por vos, precursor venturoso, el portento de Dios humanado. Mensajero del Sol de la gracia, que bautizas a Dios humanado. Danos fuerzas, amor y eficacia, en servicio del Verbo encarnado. (bis)


Al excelso san Juan tributemos alabanzas de gloria y honor. Y su augusto poder imploremos, de Louredo, su pueblo en favor. (bis)

 

 

En breve espero poder presentar como se merece a partitura do mesmo. Un traballo xenerosamente realizado por Juan Manuel Vázquez Vázquez, profesor de música en Chantada, cantante, compositor e fundador de Xerión que, a partir dun par de vídeos publicados nestes pasados anos, traspasou a papel o que nós recibimos como tradición cantada.

 

Aquí van dúas capturas da partitura. GRACIÑAS, Juan, pois acabas de facer perdurable parte do noso sinxelo patrimonio louredés.

 Despois do canto, a bendición do sacerdote e os avisos de misa, xunto cunha idea interesante: para o ano, decidir se se mantén a costume de misa vespertina ou se se celebra a mediodía, como o outro día de festa. Boa idea! 

 

Un saúdo dende O Cazapedo

Con esta foto familiar saudamos a tódolos que non puidestes achegarvos, pero que sabedes de Louredo e das súas historias. Estamos na praza do Cazapedo, onde tantas veces se celebrou a san Xoán, incluso no mes de agosto! Este recuncho foi un punto quente para a vida louredesa, polos veciños e as actividades desenvolvidas aquí: tanto durante a festa (ou festas, se contamos agosto), cas danzas e comidas compartidas, como durante o ano, con vendas de capitais e poxas. Inda pasa por aquí a procesión que cada xuño festexa a natividade do santo. 

 


Para saber un pouco máis

1. Ligazón á novena, onde comparto o texto básico completo e añado anacos de artigos relacionados co bautista.

2. Álbum de Facebook dedicado integramente á novena.

3. Selección de fotos e datos relacionados ca igrexa parroquial de Louredo.

4. Unha crónica da festa de xuño 2023.

Comentarios