Virxe do Carme, imaxe en Louredo


 O pobo de Louredo é unha parroquia que pertence ó arciprestado de Ribadavia, diocese de Ourense, tendo a san Xoán bautista como patrono. Tres son os retablos, de factura local, da man do artista de Remuíño, José "O Choio". Segundo se mira cara o altar maior, o da esquerda contén figuras de varios santos: san Antonio abade na cima, debaixo del, santo Antón de Padua, ca Virxe do Carme á súa esquerda e santa Rita á dereita.

 


Fixamos desta volta os ollos na do Carme. Talla perfectamente identificable polo hábito marrón, o escudo carmelitano nel, o escapulario que colga da súa man dereita e o Neno co orbe do mundo na esquerda. A mirada de ambos cara o frente. Ós calzados pés da santa, tres cabeciñas aladas, como o seu veciño san Antón de Padua... de Lisboa.


Sobre o escapulario escribíu dous parágrafos interesantes san Xoán Paulo II, papa, constituíndo o número 5 da súa Mensaxe á Orde do Carme con motivo da dedicación do ano 2001 a María. Di así a versión en castelá que pode consultarse na páxina do Vaticano:

Con el signo del escapulario se manifiesta una síntesis eficaz de espiritualidad mariana, que alimenta la devoción de los creyentes, haciéndolos sensibles a la presencia amorosa de la Virgen Madre en su vida. El escapulario es esencialmente un "hábito". Quien lo recibe se une o se asocia, en un grado más o menos íntimo, a la Orden del Carmen, dedicada al servicio de la Virgen para el bien de toda la Iglesia (cf. Fórmula de la imposición del escapulario, en el "Rito de la bendición e imposición del escapulario", aprobado por la Congregación para el culto divino y la disciplina de los sacramentos, 5 de enero de 1996). Por tanto, quien se reviste del escapulario se introduce en la tierra del Carmelo, para "comer sus frutos y sus productos" (cf. Jr 2, 7), y experimenta la presencia dulce y materna de María en su compromiso diario de revestirse interiormente de Jesucristo y de manifestarlo vivo en sí para el bien de la Iglesia y de toda la humanidad (cf. Fórmula de la imposición del escapulario).

Así pues, son dos las verdades evocadas en el signo del escapulario: por una parte, la protección continua de la Virgen santísima, no sólo a lo largo del camino de la vida, sino también en el momento del paso hacia la plenitud de la gloria eterna; y por otra, la certeza de que la devoción a ella no puede limitarse a oraciones y homenajes en su honor en algunas circunstancias, sino que debe constituir un "hábito", es decir, una orientación permanente de la conducta cristiana, impregnada de oración y de vida interior, mediante la práctica frecuente de los sacramentos y la práctica concreta de las obras de misericordia espirituales y corporales. De este modo, el escapulario se convierte en signo de "alianza" y de comunión recíproca entre María y los fieles, pues traduce de manera concreta la entrega que en la cruz Jesús hizo de su Madre a Juan, y en él a todos nosotros, y la entrega del apóstol predilecto y de nosotros a ella, constituida nuestra Madre espiritual.

A súa festa é o 16 de xullo e da liturxia dese día sacamos esta reseña e a oración colecta:

Liturxia das Horas

Las sagradas Escrituras celebran la belleza del Carmelo, donde el profeta Elías defendió la pureza de la fe de Israel en el Dios vivo. En el siglo XII, algunos eremitas se retiraron a aquel monte, constituyendo más tarde una Orden dedicada a la vida contemplativa, bajo el patrocinio de la Virgen María.


Oración colecta, Laudes

Te suplicamos, Señor, que la poderosa intercesión de la Virgen María, en su advocación del monte Carmelo, nos ayude y nos haga llegar hasta Cristo, monte de salvación. Que vive y reina contigo en la unidad del Espíritu Santo y es Dios por los siglos de los siglos.


Tomo o Diurnal en galego, na parte onde está unha colecta e o himno de vésperas, rezo propio das horas en que a noite se fai presente, tralos traballos do día, e que busca santificar ese intre no que un se recolle, pero inda non vai durmir.  


Na epacta 2024 vemos: 


Recollendo un vello devocionario que gardamos na casa do Outeiro, Louredo, accedemos ás anteriores formas da Misa en castelán, con interesantes datos ó inicio e as diferentes partes nomeadas e acompañadas de oracións e lecturas. Son estas as páxinas 306 e 307 do Devocionario Completo Vilariño, publicado en 1946:

 

E que vos parece un curioso recorte de periódico onde temos esta referencia á festa do Carme en Louredo? Recollo a versión dixital, vía Galiciana, de El áncora: diario católico de Pontevedra: Num. 2040 (14/07/1904). 

Di así: El próximo día 17 se celebrará en la parroquia de Louredo, Cortegada, Orense, la romería de Nuestra Señora del Carmen con mayor brillantez que en años anteriores, porque sufraga los gastos, en cumplimiento de un voto, el excomisario de la marina mercante del Brasil D. José Rodríguez Telle, quien regresó de aquella república en los primeros días de este mes.


Outro recorte, dixitalizado en Galiciana tamén, recolle a nova de forma parquísima. En El Miño: diario liberal: Año VII Número 1688 - 1904 julio 14

 

Chamoume a atención que as novas falen do domingo 17, así que busquei un santoral da época e resulta que foi domingo e que o 16 aparece a Virxe do Carme, coma na actualidade, polo que estamos ante unha festa que quixeron resaltar movéndoa ó día do Señor, onde seguramente acudiría máis xente.

Aí vai o recorte sacado do Almanaque Gallego de 1904, vía Galiciana:

Polo ano da nova, 1904, a festa tivo que ser na vella igrexa de Louredo, sita no barrio homónimo, que en 1913 deixaría de usarse polo estado ruinoso e a pequenez, pasando os santos e as celebracións á nova construción, a igrexa que hoxe coñecemos e segue sendo centro relixioso do pobo. Pois ben, precisamente nunha nova da prensa que recolleu o programa de festas daquel san Xoán de 1913, lemos que unha das imaxes que saíu en procesión foi a do Carme. Sería a que hoxe inda se conserva no retablo lateral esquerdo?

Velaquí un recorte da nova, onde se cita a imaxe. Vía Galiciana, é do periódico La Región: diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano IV Número 1023 - 1913 xuño 25:

No tema de conseguir fotos antigas da igrexa pouco teño avanzado estes anos. Pero, de cando en cando, hai quen se acorda e rebusca atopando xoias coma esta. Foto do retablo central da igrexa parroquial de san Xoán de Louredo, ano 1956, unha voda. Do arquivo persoal de don Pepe, vía don José Manuel, seu fillo. Parecer, parece a mesma imaxe ca actual, inda que nun retablo distinto.


Actualmente, non sei que reciba unha especial atención nin recordo celebracións da súa memoria.

Comentarios