San Antón, abade, en Louredo

Unha imaxe de san Antón en Louredo

Hai veces que de tanto pasar por un sitio ou ver un lugar, acabas por non fixarte nos detalles... ata que te paras e o redescubres. Algo así pode pasar ante os retablos da igrexa parroquial de san Xoán de Louredo. Ou porque nos sonan ou porque non lle dedicamos tempo, quizás non saibamos todo o que nos mostran ou non deixamos que nos "falen" as imaxes que dende alí esperan a vista e contemplación dos fieis.

Unha das que están máis alto é a de san Antón, abade, o exipcio que moitos consideran pai do monacato occidental. Es capaz de situalo? Conforme te pos diante do altar, no retablo da esquerda, é a imaxe que se sitúa enriba doutro san Antón, o de Padua (nacido en Portugal, bautizado co nome de Fernando). 

O descubrimento da Tau

Inda hai pouco (12 de xaneiro de 2024) publicaba un extracto dunha lectura sobre san Antón e dalí rescato hoxe a iconografía típica das representacións artísticas do santo:  

"Una serie de detalles y símbolos distinguen las representaciones de San Antón. Por un lado, su ubicación en el desierto en actitud de oración y rodeado de tentaciones, pero también se le identifica por el cerdo que normalmente le acompaña en cuadros y esculturas. Del hábito de estos frailes procede otra señal iconográfica, pues se representa habitualmente a San Antón como un anciano barbudo que viste el hábito de los Antonianos: el sayal negro con la Tau –a la cual él tenía gran veneración– en azul."

Este último detalle, o da Tau, que noutras ocasións non despertara en min maior interés, onte si o fixo e levoume a repasar fotos do santo e descubrir un detalle que ata agora se me pasara de longo. De feito, non hai máis que ver a descrición que fixera da súa talla hai un tempo (17 de xaneiro de 2022), nesta mesma bitácora. Comparto captura:


A última liña xa a podo cambiar, porque entre a relectura do artigo e a recuperación de varias fotos, deime conta que ese "rombo" do peito non era tal senón unha Tau. O que pasa é que non sempre se ve, pois a parte superior da pintura desapareceu (porque non creo que a pintasen así, perdendo a letra a forma), quedando dunha cor clara que pode pasar desapercibida. O que vos dicía antes, que damos por suposto que coñecemos e, despois, vai e resulta que só nos sonaba, pero estabamos a perdernos detalles importantes. Vamos a pola foto que me fixo caer na conta:


Ampliando...


E outra foto, captada ca luz que entra, quedando o santo medio en tebras e imposibilitando unha definición xeitosa da Tau. Claro, unha vez detectaches o detalle xa che chama máis a atención...

 

Referencias documentais posibles

A historia da talla descoñézoa e tampouco atopei referencias concretas nos documentos e libros consultados. Hai dúas que falan da imaxe de san Antonio, pero non dan máis datos. En Louredo, dende hai anos, dúas son, cada unha a un santo diferente: o dos animais e o dos obetos perdidos, o abade e o de Padua. Pois inda que só sexa para deixar constancia, aí van os recortes.

O primeiro saqueino da edición dixitalizada de La Región, con data de 25 de xuño de 1913. Un artigo moi interesante, xa que é o máis longo relacionado ca inauguración do novo templo parroquial de san Xoán. Cando expón os festexos programados, fala das imaxes trasladadas:


Sería no entorno da vella igrexa, inda hoxe presente no barrio de Louredo? Dígoo, porque no día 24, comenta que trala alborada, ás nove bendeciríase o novo templo e trasladaríase dende o vello as mesmas imaxes e o Santísimo. 

Unha mágoa que na esbozada crónica do cura que levou adiante as obras, don Constantino Rodríguez, non dese máis datos que este sobre as imaxes. Recorto da súa carta ó bispo, que foi publicada no Boletín da diocese.


Unha mágoa tamén que ninguén me teña pasado fotos antigas da igrexa, exceptuando José Manuel, fillo de don Pepe, o veterinario, e dona Gloria, mestra. Nas dúas que me compartiu non se ve a imaxe de san Antón, pero tamén é verdade que non se recolle todo o interior da igrexa nin tódolos retablos.

A segunda referencia que atopei a unha imaxe de san Antón na igrexa de Louredo témola no 'Apuntes para el inventario del mobiliario litúrgico de la diócesis de Orense', publicado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, escrito polo que fora secretario do bispo Temiño, José Carlos Fernández Otero, complementado por Miguel A. González e José G. Paz.


Situando a imaxe

Para finalizar, recollo fotos propias da igrexa, os retablos e a imaxe, para deixar constancia do seu lugar nestes anos e como ánimo para que outros máis sabedores das historias do pobo se animen a sacar á luz os seus recordos, documentos e fotos.

A igrexa actual é a de san Xoán, construída con dificultades nos inicios do século XX, con inauguración solemne o 24 de xuño de 1913. O lugar chairo elexido foi o do Regueiro, rodeada por campo destinado hoxe a herba, pero que foi cultivado ata non hai tanto, con abondosa auga dunha poza cercana. O terreo máis preto, cercado por muro baixo de boa pedra do país, hoxe denominámolo Os Diestros, e conecta cun camiño de cemento polo lado do Regueiro e co barrio da Torre pola outra porta.


Os retablos foron obra dun esforzado artista de Remuíño, José Benito, O Choio, e neles foron colocando diferentes santos, estando san Antón no da esquerda, no alto.

















Comentarios