Fito 4 do #xvroteirocortegada

... xa pasastes Os Veciños...

 O Barrio do Outeiriño

Con forma triangular, desde certa perspectiva, temos o barrio do Outeiriño, que vós pasaredes rápido. Andaredes diante cun canastro e veredes varias casas. A pé da estrada, no muro dunha, ollade a sombra que alí inda se nota: é que tiña un buzón rectangular de Correos. Claro, hai anos que non se estila o correo postal e acabou desaparecendo. Pero alí podiamos deitar as cartas para que as recollese o carteiro.

 

Captura do mapa de #GaliciaNomeada
 

A costa que vedes sube ata unha zona alta, onde colle pa dereita e acaba empalmando cos camiños de Louredo, que ou te levan cara O Tabolado (de frente) ou pos Diestros (pa dereita). Por ela accederedes ós dous elementos que contemplan as fichas patrimoniais do PXOM: unha palleira e un conxunto de canastro (diante deles está a vella igrexa de Louredo, hoxe desacralizada e pertencente a unha familia do pobo).

O anaco de barrio que recorredes pasa en cousa dun minuto, desde o canastro á Fonte do Cano. Eso si, permite unhas vistas amplas das terras do Campo, A Pena, Os Aráns... estando A Telleira e o Coto da Forca alá ó lonxe.

 


 Continuamos?...

Comentarios