Segundo día da novena a san Xoán de Louredo 2020

Segundo día da novena a san Xoán de Louredo 2020


Compartimos hoxe esta oración propia do segundo día de novena a san Xoán bautista. Tómoa da edición de Montevideo, impresa en 1842, anterior á que manexamos no pobo de Louredo, Cortegada, que se data en 1889, tal como descubriamos onte. A oración é similar nos dous casos, inda que hoxe xa hai máis diferencias, para nada esenciais, entre elas. Unha diferencia é a expresión que se cita dun santo á hora de falar do bautista.

Segunda oración propia de la novena a san Juan bautista, Montevideo, 1842

Os santos falan de san Xoán na súa novena

Ó longo destes nove días imos ter ocasión de escoitar cinco citas de santos, referidas ó patrono. Unha delas, repítese tódolos días, na oración final, e está atribuída a san Agustín (en galego, santo Agostiño). As outras catro repártense entre dous santos: san Xoán Crisóstomo e san Pedro Crisólogo. Dúas citas cada un. Hoxe, escoitamos a atribuída ó Crisóstomo, que di así: "sementera del evangelio" (novena de Louredo), "propagador del evangelio" (novena de Montevideo). Por desgracia, nin esta nin nigunha das outras citas conta cunha referencia á obra da que foi tomada. Ben puideron ser recordadas de memoria e, deste modo, citadas. Aquí queda pendente un preciso traballo de comprobación textual. Inda que podemos ir adiantando algo.

Un erro nunha cita da novena


Internet non o ten todo, pero si moito. Así que, a falta de bo
La Leyenda de Oro para cada dia del año Vidas de todos los Santos que venera la Iglesia 1844
La Leyenda de Oro para cada dia del año
Vidas de todos los Santos que venera la Iglesia 1844
as edicións actuais en papel, veremos se atopamos esta cita na Rede. Ben podería ser do Crisóstomo, home que chegou a compararse co bautista para poder, así, lanzar un ataque verbal contra o poder do momento, chamando a atención sobre el e a súa labor evanxélica. Benedicto XVI, sen entrar en detalles escabrosos, deixou dito, na súa Audiencia Xeral do 26 de setembro de 2007:

Pola súa solicitude a favor dos pobres, San Xoán tamén foi chamado "o esmoleiro". Como administrador pensativo, conseguiu crear institucións de caridade moi apreciadas. O seu espírito emprendedor nos diferentes campos fixo que algúns o vivesen como un rival perigoso. Non obstante, como un verdadeiro pastor, tratou a todos dun xeito cordial e paterno. En particular, sempre tivo xestos de tenrura cara ás mulleres e prestou especial atención ao matrimonio e á familia. Invitou aos fieis a participar na vida litúrxica, que fixo espléndida e atractiva cunha brillante creatividade. A pesar do seu corazón amable, non tivo unha vida tranquila. Pastor da capital do Imperio, participou a miúdo en cuestións e intrigas políticas polas súas continuas relacións coas autoridades e as institucións civís. No ámbito eclesiástico, dado que en 401 depositara seis bispos elixidos dignamente en Asia, foi acusado de exceder os límites da súa xurisdición, converténdoo nun obxectivo de acusacións fáciles. Outro pretexto para os ataques contra el foi a presenza dalgúns monxes exipcios, excomunicados polo patriarca Teófilo de Alexandría, que se refuxiaron en Constantinopla. Máis tarde creouse unha forte polémica provocada pola crítica de San Xoán Crisóstomo á emperatriz Eudoxia e as súas cortesás, que reaccionaron desprestigiando e insultándoo. Deste xeito, foi deposto no sínodo organizado polo propio patriarca Teófilo, no 403, e condenado a un primeiro breve exilio. Despois de regresar, a hostilidade xurdida contra el por mor da súa protesta contra as festas en honra á emperatriz, que San Xoán considerou festas pagás e luxosas, así como a expulsión dos sacerdotes encargados de bautizos na vixilia de Pascua do ano 404 marcou o inicio da persecución contra San Xoán Crisóstomo e os seus seguidores, chamados "Juanistas".



A cita ben podía ser del, pero, polo pronto, imos ter que desmentir e correxir o texto da novena: a cita non aparece como propia del, senón doutro santo. E a cousa non terá demasiado misterio, pensando que o "devoto" que escribíu a novena, ben puido traballar de memoria ou copiar mal o nome. Posteriormente, ninguén lle dedicou tempo a comprobar o escrito e só se fixeron copias, sen crítica. Podía ser, pero resulta que, busca que te busca en Internet, hai un sermón do Crisólogo que se considerou por moitos como do Crisóstomo e así foi pasando ata que os estudiosos profundizaron e chegaron o acordo de que non, que o autor era o primeiro. Misterio resolto: o redactor colleu o texto dunha colección que inda non fora actualizada. Nós, hoxe, podemos cambiar esa atribución e mellorar a novena. Ah, que me perdo, o sermón concreto, é o 127. Este dato debémosllo a un monxe de Montserrat e ó seu estudio crítico: Dom Alejandro Olivar, 'Los sermones de san Pedro Crisólogo. Estudio crítico', 1962. 

Los sermones de San Pedro Crisólogo de Alexandre Olivar
 Los sermones de San Pedro Crisólogo de Alexandre Olivar
Leamos unhas liñas, dentro das cales detectaremos a cita da nosa novena:

Hoxe, mentres narrabamos a virtude de Xoán e a crueldade de Herodes, os nosos corazóns tremían ... Que pode estar firme cando a grandeza dos crimes periga a grandeza das virtudes? "Herodes", di o Evanxeo, "detivera a Xoán": Xoán, escola de virtude, mestre de vida, modelo de santidade, xeito de penitencia, disciplina da fe; Xoán, máis grande que un home, era como os anxos, o máis alto da lei, a sementeira do Evanxeo, a voz dos apóstolos, o silencio dos profetas, a lámpada do mundo, o precursor de Cristo, a testemuña de Deus, o instrumento de toda a Trinidade.

Así se recolle nun blog de reflexións católicas, aparecendo a expresión tamén (e moi ben referida ó crisólogo), no tomo segundo de 'La leyenda de Oro para cada día del año', revisada el reverendo don José Palau e aprobada polo bispo de Barcelona don Pedro Martínez de san Martín, impresa en 1844.

Comentarios