Primeiro día da novena a san Xoán de Louredo 2020

Primeiro día da novena a san Xoán 2020

Vamos intentar facer a nosa particular peregrinación cultural relixiosa pola novena ó santo patrono de Louredo, Cotegada. Porque estamos acostumados a escoitar a novena, a cantar o himno, seguramente teñamos mil historias relacionadas con esta novena e festa, pero este ano veremos de coñecela en profundidade, redescubríndoa, invetigando se é tan única como nos parece e aproveitando para compartir recordos e curiosidades. Tódalas búsquedas están recén realizadas, antes de escribir cada entrada, de modo que contemos cos datos máis recentes. En internet hai un continuo cambio e pode pasar, como pasa, que un ano atopemos pouco e un ano despois poidamos disfrutar de máis contidos. Inda que non é a primeira vez que pasa ó contrario: tes unha páxina fichada e, despois dun tempo, resulta que desapareceu. Por eso, vou ir pasando a escrito varios descubrimentos e lembranzas, de modo que lle poñamos marcos e portas ó olvido, por efímeras que poidan ser. Comecemos a nosa particular investigación.

Hoxe comeza a novena a san Xoán en Louredo

Primeira oración novena san Xoán de Louredo
Esta tarde, ás 20.30
h, na igrexa parroquial de Louredo, arciprestado de Ribadavia, dará inicio a novena en honor a san Xoán bautista, patrono parroquial. Se é coma tódolos anos, primeiro celébrase a Misa, presidida por don José Ramón, sucesor de don Delmiro, que o foi de don Esteban. A continuación, o rezo da novena, dirixido por Manolo, sacristán e director do coro de Louredo.

Sabedes dalgunha novena que sexa como a nosa? Porque a min non me sona, nin atopei ningunha copia na librería relixiosa Betel. Habería que buscar en vellos estantes, a ver se queda algunha copia, porque a da igrexa estaba caendo a anacos. Por eso, a mestra Nicasia fixo unha fotocopia, que é a que se usa hoxe. Nesa fotocopia hai anotacións a man de quen esto escribe e que serven de guía para usar ben as follas. Volve quedar pendente unha transcripción con letra grande, de modo que se a dirixe unha persoa con dificultades visuales non sufra nin force a vista. este ano, de modo experimental, realicei un primeiro escrito, que está agora na casa dunha familia de Louredo. Queda pendente a posibilidade de imprimir un libriño ca novena, de modo que todos os veciños e fieis teñan unha copia. Porque a xente ten o libriño da novena a san Benito e moitos teñen a da santa Mariña, mais falta a do propio patrono, o san Xoán, que no pobo lle dicimos "o san Juan".

Podemos seguir o rezo da novena por internet? Pois de momento non, xa que non hai
novena a san Xoán impresa en Montevideo 1842
constancia de que vaian emitila en directo ou realizar gravacións que despois colguen. E o texto tampouco o temos colgado... Ou si? Pois case, case, xa que parte do rezo está disponible nun álbum persoal de Facebook. Uns aportes que hoxe van ser enriquecidos cunha foto que aquí poderemos disfrutar: a da oración propia deste primeiro día. De todas maneiras, quedan inda por publicar todas as oracións comúns.

Como segunda posibilidade temos un curioso descubrimento, que non é deste ano: unha copia consultable e descargable, en pdf, desde a Biblioteca Nacional de Uruguay. Unha novena que iremos coñecendo este ano e que resulta anterior á da copia que temos en Louredo. Concretamente, a conservada en Uruguay é do 1842, mentres que a nosa é de 1889. Da primeira sabemos que foi impresa en Pamplona, sendo impresa en montevideo por un devoto. A de Louredo estaba impresa en Valladolid. En ambos casos temos un detalle curioso: dinnos que foi escrita por un devoto, pero este non deixou o seu nome para a posteridade; un aviso dinos que conta con licencia (eclesiástica), pero non deixan constancia de quen foi o censor nin o bispo que lle deron o "visto bo". Poño aquí a foto, para que vexades como son a mesma oración e que ata a numeración é a mesma.

Pendente queda saber dun texto conservado en Alcalá e que atopamos no catálogo da Biblioteca Nacional. É de 1865!, así que teriamos un texto intermedio entre as datas do de Uruguay (impreso en Montevideo) e o noso (impreso en Valladolid).

Comentarios