Co de "san Xoán de Louredo" refírome á festa do nacemento do patrón parroquial, o bautista, que será o próximo 24 de xuño. Como sabemos, hai unha segunda data, de menos tirón no pobo, pero á que temos denominación propia: a do 29 de agosto, "o san Juan degollado".
Así, pois, antes do inicio da novena da que será a primeira festa de verán da contorna, gustaríame compartir unha batería de propostas sinxelas, para que vexamos se valen a pena e nos animamos entre varios a levalas adiante. Poríamos ó "san Juan de Louredo" no mapa de atención cultural do momento.
Temos cubertos varios frentes: no relixioso, don José Ramón predica e celebra Misa (espero que teña quen "diga a novena" cada día, porque xeralmente era un laico quen pronunciaba o rezo, antes da bendición fina del cada misa); no litúrxico-musical, o coro de Louredo ten tablas e experiencia suficiente para selecionar cantos, ensaialos incluso co pobo e acompañar cada celebración, aportando beleza e sentimento á devoción; no gastronómico-festivo, a comisión de festas dispón sempre de lugar e alimento que alegra o corpo en días sinalados; no arreglo e limpeza do templo, veciños aportan tempo, diñeiro e esforzo para que luza debidamente. Fáltanos unha proposta cultural que ben pode ser sinxela, pero efectiva, mirando tanto cara o pobo e quen nos visite, como cara a sociedade.
Por iso, eu propoño:
- CARA O POBO: imprimir un sinxelo folio onde se recollan varias informacións relacionadas co santo e ca parroquia. Poríase nun banco da igrexa dende o inicio da novena e estaría a disposición de todos. En branco e negro, se se vise que fan falta máis exemplares, hai permiso para que calquera o fotocopie e distribúa gratuitamente sen problema.
Aquí vos poño o borrador, cara exterior:

O contido do mesmo será unha cita do papa Benedicto XVI sobre san Xoán bautista, un recorte de La Región onde nos falan dos festexos programados para o 24 de xuño de 1913 (inauguración da igrexa), os rezos comúns da novena (primeiro e final de cada día), datos sobre o libro e texto da novena, e unha novedade: a partitura do estribillo do himno a san Xoán, xunto ca letra completa do himno.
Compártovos o borrador, cara interior.
CARA A SOCIEDADE:
1. Redactar unha sinxela nota para enviar á páxina web do bispado e ós periódicos, avisando do inicio da novena, enviarlles o cartel das festas, contar algo sobre a parroquia e aportar fotos e ligazóns a redes sociais.
2. Informar a La Región para que poñan na súa seción de Efemérides a festa de san Xoán do ano 1913, cando se inaugurou o templo.
Recortes da época hainos... e aquí puxen algúns:
3. Trala festa, enviar fotos e crónica á web do bispado e La Región, para ver se publican no xornal ou no Vida.
Hai uns anos, no Vida publicaron esta foto, que lles mandara eu e que logo compartín por redes:
4. Publicar en redes sociais, cada día, foto e texto relacionados con Louredo e a novena.
Por exemplo, nestes anos pasados, vou collendo textos e fotos, subíndoos cada día da novena:
Con miras ó san Juan degollado
Hai tarefas pendentes que ben se podía ir falando durante o verán, en orde a darlle realce ó san Juan degollado, a festa do martirio do patrono, que, sendo xa cara o fin do verán, non ten tanto impacto na xente, incluso na mesma do pobo.
1. Se recordades, o ano pasado, don José Ramón lanzaba a pregunta ó aire trala Misa: o día do martirio de san Xoán, Misa a mediodía ou pola tarde, como é costume estes anos?
Así o recollín na crónica do san Juan degollado do ano pasado:
2. Preparar un libro, en letra grande, cos rezos da novena? Tense falado moitas veces, pero este ano podería ser o definitivo: unha edición fácil de ler cos rezos da novena a san Xoán que se le na igrexa. Non tería moitas páxinas e resultaría barato.
3. Realizar un folleto para o pobo e avisar páxina do bispado e prensa, tal como se pode facer para a festa grande.
--- ACTUALIZACIÓN 08/06/2024 ---
Paso a compartir o publicado ata agora, de modo que poda atoparse todo sen problema e evaluarse en xeral.
1. Unha folla informativa, sinxela e directa, sobre san Xoán e a novena de Louredo. Como textos atractivos, dúas oracións da novena e a partitura do estribillo do himno a san Xoán.
2. Nota de prensa, pensada para compartir na web do bispado ou prensa.
3. Os carteis deste ano, dependentes da comisión de festas e que fun pedindo cando souben que os tiñan.
O da cea popular
O da festa
Comentarios
Publicar un comentario