Fito 1 do #XVRoteiroCortegada

Paso polo Pireiro

O Pireiro é unha zona de viñedos e, por desgracia, cada vez de máis monte. Sabedes que chegastes porque pasades dos camiños de terra e monte ás viñas, a un alto con vistas delas e parte do pobo.

 


1: Viña de monte, antigo lugar de cultivo (patacas e cereais)
2: Lavadoiro á beira do camiño (ocasionalmente non visible debido ós fentos e silvas que medran)
3: Lavadoiro non visible polas silvas e pedras caídas, no monte do Comandante.
4: Restos do cruceiro da Alfarrapa

Sabiades que alí chegaron a sementarse patacas ou que houbo varias pozas para regadío? Eu non acordo nada disto. O da sementeira referíase a un pequeno terreo que hoxe está de monte, dunha viña determinada. Esta dispuña de auga e ata de entrada a unha pequena mina, onde caibía, con certa dificultade, unha persoa. Esta viña remataba, pola parte de abaixo, nun lavadoiro pequeno, inda visible hoxe, e que segue chamando a atención pola zona onde está. Como curiosidades a maiores, dicir que pola parte de arriba, noutro sucalco, hai unha poza, hoxe seca, e que un rego levaba auga dende alí ata a altura a casa de don Paco, sita nos Veciños. Outro rego de agua atavesaba parte da viña do Pireiro e remataba no monte que hoxe temos diante. Debido á maleza non se ve, pero dinme que alí hai outro lavadoiro pequecho. 

Como andantes, pode que vexades o lavadoiro e, facendo esquina, nun cruce de camiños, os restos dun vello cruceiro. 

 


Os restos do cruceiro da Alfarrapa

Este caeu por un accidente cun carro de bois. Recolléronse os anacos e puxéronse aquí, na que era a viña do cura (veciño e párroco de Louredo, don Esteban Viso Rodríguez). Non chegou a refacerse, senón que outro veciño, don Juan Míguez, ofreceuse a pagar e traballar un novo cruceiro, o que se ve hoxe na Alfarrapa. O mesmo home que construíu o do Tabolado. Estes anacos revisten grande interese porque serían os do cruceiro máis antigo de Louredo e son os únicos con imaxinería: Cristo na cruz, ós pés a Virxe e san Xoán, xunto cunha caveira. 

 


Actualmente, o cruceiro máis antigo sería o da Torre, sen autor coñecido e modelo dos da Alfarrapa e Tabolado. 

SEGUE Ó SEGUNDO FITO...

Comentarios