Documentando o borrador dos 3 centenarios II

O reverso da folla dos 3 centenarios

(ANTERIORMENTE...)

Na versión vertical, este é o reverso da folla dos 3 aniversarios louredeses: igrexa (110 anos), campás e diestros (100 anos). Do primeiro elemento hai bastante, entre o sacado da Rede e os recordos e fotos. Dos outros xa non, pois inda non atopei referencias documentais. Menos mal que están os recordos dos maiores.

As campás

O ano das campás é ben sinxelo de conseguir: só hai que subir a visitalas e prestar atención á súa superficie. 

Ás veces hai que mirar o mesmo de sempre con ollos novos ou desde perspectivas diferentes. E mirar cara arriba, que alí hai detalles agardando que os descubramos. Subir ó campanario da igrexa de Louredo é unha oportunidade única de descubrilos. Hai que ir con ollo, claro, que a escaleira é estreita e a porta de saída pequena. Dende arriba disfrutas dun mirador excepcional sobre o pobo e, se te sitúas a boa hora, ollas os debuxos e verbas inscritos nas campás. 

Dúas campás ten a igrexa parroquial de san Xoán de Louredo, arciprestado de Ribadavia actual e que, daquela, pertencía ó do Pao. Unha delas de 1923 e a outra de 1953, datas que se observan nas mesmas campás.

A antiga é a que ten máis detalles, ca súa data de fundición, a dedicación a María e Xosé, os símbolos cristiáns referentes á cruz e Calvario... Denominámola "campá grande". 

 






 

Mentres que a moderna, (re)fundida por Malingre, non ten detalles apreciables, fóra das verbas que informan nunha das súas caras. Denominámola "campá pequena".

 

 

 

Conforme nos comparte o amigo Ramon Rodriguez, a campá pequena rachou e o párroco, don Esteban Viso Rodríguez, mandouna fundir e recolocar. A campá pequena leva a data de fundición de 1953, por malingre. Inda non atopamos documentos das campás, nin sequera da pequena (non hai referencias na tese de Ana Maligre Rodríguez).






 

 

 

 

 

 

 

 

Ese ano de 1953, a mesma fundición, fabricou a efixie en bronce do bispo Francisco Blanco Nájera, colocada nun claustro do Seminario Maior de Ourense. Efixie si documentada, tanto na actual Tese doutoral que recolle a historia de Malingre en Ourense, como no diario de construción do Seminario Maior de Ourense.

 



O Atrio dos Diestros

Con pequenas correccións sobre o orixinal, recupero estas liñas do ano 2003, cando se regalou á parroquia unha folla informativa cas contas da igrexa e uns datos históricos: En el año 1914, a la muerte de don Constantino, se hace cargo, como primer párroco de la iglesia de san Juan de Louredo, don José Álvarez Alonso, más conocido como "indiano", finalizando este el muro del atrio y falleciendo el 26/12/1929.

 





Un balcón centenario

Na praza do Cazapedo atopas pequenos tesouros se miras cara arriba. Un descubrimento para esta tempada é o do balcón centenario dunha adega que dá cara a praza. 



 

Comentarios

Publicar un comentario