Propostas pa Galicia Nomeada marzo 2023

Xa me tendes escoitado falar das marabillas de Galicia nomeada, unha plataforma onde calquera pode rexistrarse e comezar a poñer os topónimos que coñeza, xunto con fotos, descricións e documentación relacionadas. Hai un tempo, eu comecei despaciño a nomear Louredo e hai pouco que se uníu un novo usuario ca mesma motivación.

Louredo inda ten moitos topónimos que ofrecer e documentación relacionada que aportar. Por iso me animo a repasar o xa publicado para ver que mellorar e propoñer novo contido. Como me gustaría que fose un proceso colaborativo e non unha simple iniciativa persoal, poño aquí varias informacións, para que as coñezades e, se vos animades, as melloredes. Despois, o resultado pasaría a Galicia nomeada.

Comezo, sen orde preestablecida.

1. Os Aráns.

Esto é o publicado ata agora:

Proposta:

Terras situadas entre as do Campo e A Alfarrapa, polas que pasa o tendido eléctrico. Con regos e pozos cercanos, foron cultivadas ata hai uns anos e abandonadas por culpa do paso de xabaríns. Leira arada e sementada con millo. Ó lado da mesma, un terreo con vimbieiras (en Louredo inda se usa o vimbio para tarefas como a rodriga das vides).

Así o nomeo:


O voo PNOA 2017, cuxas fotos se poden consultar en IGN, danos esta perspectiva do lugar:

 


Vamos ilustralo un tanto:

 


No voo para SIGPAC (1997-2003), onde vemos que os terreos non teñen tanta arboleda e maleza, como si pasa hoxe. Unha referencia marabillosa é o poste da luz, que aparece nas fotos e detéctase pola sombra no campo dos Aráns ;-)



Vexamos o Catrasto, dende a súa páxina web, onde vemos o nome de Aráns xa visible, sen necesidade de ter que abrir a ficha informativa. Un detalle é que as parcelas cercanas, que en Louredo distinguimos como Abeleira e Lameiro dos Aráns, no Catastro só aparecen, en bloque, como A Abeleira. Unha vez máis, vemos o poste metálico do cable eléctrico no campo. Unha referencia que nunca falla.

 


2. O Campo.

A Actual descrición en Galicia nomeada é esta:

 


Imos ver de ampliala.

Campos de millo, que debido ao xabarín deixouse de traballar nos anos 90 do pasado século. Dende a década 10 do XXI ten cerdeiras, maceiras e unha parra de kiwis. Tamén se coidan e plantaron novos pés de vimbieiras. Son varios os terreos e donos, xeralmente de escasa extensión; ben regados pola auga da poza da Lama. Tamén se atopan varios pozo, co brocal a ras de chan. As terras do Campo sitúanse a unha altura inferior ó barrio homónimo. As casas deste mostran diversos grados de conservación e ruína. Recentemente, unha delas foi derrubada, debido ó peligro de que caesen pedras ó camiño. O resto de vivendas distribúese entre unha parte chaira e outra en ladeira, situada entre os barrios do Pazo e Os veciños.

Con foto ilustrada, vemos que as terras do Campo vense ben dende Os veciños.

Aquí xa estamos no Campo, onde a zona de vivendas dá paso á das leiras, situadas á dereita da instantánea. Na parte alta, esquerda, distinguimos casas do Outeiriño e Louredo, ademais dalgunha da Torre. Na zona central destaca a espadana da igrexa. É o templo católico de san Xoán baustista, inaugurado en 1913, rodeado dun murete con dúas portas. Este terreo delimitado denominámolo Os Diestros e o peche é de 1923, ano que aparece gravado en dúas xambas. Na zona dereita, casas da Torre, O Cazapedo e A Pena.

Unha leira do Campo que está ben coidada. Plantaron árbores froiteiras, que se podan para ir controlando a altura e que os froitos sexan recollidos con certa comodidade. Á dereita, vese a parra de kiwis. Por ese lado distínguese un camiño, inda que este soe quedar oculto polas silvas e herba ós poucos metros. É unha vella senda cara O Rabiño. Dende Louredo, pasaba pola Granxa, Soutelo, baixaba bordeando o terreo da "bruxa/virxe" Conchita e chegaba ó camiño que vai de Soutelo ó Rabiño (igrexa de san Benito).

Restos dun canastro, os seus pés. No fondo, as casas dos Veciños (ou o Vaticano, como lle dicía o sr. Juan, facendo referencia a que vivía alí o cura, don Esteban Viso Rodríguez, ademais do "comandante")


Ollada ó Catrasto en liña, onde, facendo clic nas parcelas, vemos que son denominadas Campo. 

 


3. A poza da Lama.

Descrición en Galicia nomeada, claramente ben mellorable, pois é unha ligazón demasiado longa.


Deste lugar teño unha entrada con bastantes fotos e varios datos, así que o que farei será converter esa entrada nun pdf que añadir á ficha. Pero, como texto descritivo, modificarei o anterior por este:

Referencia catastral 32028A008002110000DH Localización Polígono 8 Parcela 211

Poza ampla e profunda, actualmente cuberta por silvas e vexetación. Chan cuberto con varias capas de terra e area. Non se distingue desde fotos aéreas nin, apenas, se pasas cerca. A ela chégase baixando, desde A Torre, pola Escadiña, desde Os veciños por carreiros, desde O Campo polo camiño e desde A Pena pola costa da Pena. Á hora de regar, como se sabía cando che tocaba? Porque unha mesma poza podía estar dividida entre varios veciños.Collíase un milleiro e uns pauciños. Todo esto servía como marca de altitude para medir os turnos e a cantidade de auga. O milleiro, vertical, era atravesado, en parte, polos pauciños; un enriba doutro, a diferentes distancias. Cada tramo era un turno. Como se establecía cada intervalo? Cunha folla dese milleiro. Dobrábase tantas veces como turnos, tendo sempre en conta se tiñas un, medio ou un quinto. Mediante as dobreces botábase conta e medíase a altura de auga. O milleiro apoiábase nunha determinada pedra da poza e íbase consultando para saber cando remataba un e comenzaba o outro.

Tres fotos  nunha sacadas desde o camiño da Lama, en marzo de 2022.


Un servizo actual e que uso bastante é o de Google Maps. Non só o consulto, senón que teño aportado varios datos e fotos, algunhas de Louredo. Pois ben, se agora mesmo acerco a zona e saco captura, sae así, a poza de cor verde, sen distinguirse das terras do arredor. 

Vouna distinguir...


Volvo a pé de camiño. Un dos mellores sitios onde buscar fotos de Louredo, Cortegada, é o álbum de Flickr do usuario Rafaeliux. Por desgraza, hai anos que non o actualiza, pero é toda unha referencia, pola cantidade de lugares fotografados. A revisión será visual, pois unha busca polo nome do lugar non lanza resultados positivos. Paciencia e adiante.

Aquí vai unha. En primeiro plano, a poza da Lama, véndose moi ben o barrio dos Veciños.

 


Voltamos ás fotos dende o ceo, gracias ó servizo 'Fototeca Digital' do IGN. 

No voo de 2004, "Vuelo fotogramétrico del Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) del año 2004, con escala de vuelo aproximada de 1:30.000", vese moi ben a silueta da poza, inda que a cor verde xa a posúe.


 

4. A Escadiña 

 


Pa esta só añadirei novas fotos.


E por hoxe vai chegando :-)

Comentarios