Textos relacionados con san Antonio abad (II)

Despois de coñecer algúns datos do monaquismo antigo e da Vita Antonii, imos recoller uns pouquiños textos máis, esta vez da tradición católica, relacionados con esta memoria do santo abade. A idea é que o fiel lle rece e o curioso coñeza algo máis sobre este santo que a Igrexa celebra cada 17 de xaneiro e do que temos unha imaxe no templo de Louredo. Non coñezo rituais relacionados ca data nin se contempla misa. Fóra de devocións persoais, non existen manifestación comunitarias.

 


Vexamos que nos pon a epacta, o calendario litúrxico pastoral da Igrexa. este libro podes atopalo tanto na Rede como en librerías relixiosas, como Betel, en Ourense. Ademais de resumes sobre liturxia, atopas as diferentes celebracións ó longo do ano, tanto as clásicas como as novas. Cada tempo litúrxico vai precedido dunha interesante presentación do mesmo, con propostas concretas de accións e consideracións xerais sobre o significado e expresión do celebrado. Tamén soe acompañarse dalgunhas partituras sinxelas e recomendacións relacionadas co canto e a expresión artística. Desa epacta saco esta captura.



Gracias ó grupo de Facebook Igrexa do Ribeiro, sabemos que é unha memoria con certo recoñecemento local e algunhas prácticas relacionadas co seu patrocinio sobre os animais. 

Vivíu (seica ata os 105 anos) no século IV e na Idade Media tiveron boa fama os que se acolleron baixo o seu nome e fundaron hospitais. Daquela época quedou o tema do porco, animal que se deixaba libre nas cidades, que levaba unha campaniña para saber de quen era, que vivía do que lle iban dando e que se aproveitaba en favor dos hospitais antonianos. Monxes acollidos ó seu patrocinio vestían hábito negro e tamén vivían das limosnas recibidas. A campaniña que lle vemos ó santo de Louredo ben pode ser un recordo de como aqueles monxes se daban a ver, chamando a atención co toque dela, para atraer algunha dádiva.

Como a maioría das imaxes do templo, descoñezo a súa orixe e quen a costeou. Calvo, de longa e venerable barba gris, cun porquiño ós seus pés, cun libro na esquerda e un báculo con campaniña na dereita, O hábito conformado por tres pezas. Denominado "abade" e considerado pai dos monxes que marcharon ó deserto a rezar e meditar, plantándolle cara ós demos que seica alá campaban tan contentos.

Ei vos vai unha linda imaxe do templo de Louredo trala Misa de festa do san Xoán bautista, o 24 de xuño de 2010. Alá arriba está o san Antón... san Antón de xaneiro, Antoniño verdadeiro!


Don Ramiro González, profesor meu hai anos, moitas veces nos repetía aquelo de "ir do visibe ó invisible", facendo referencia á mistagoxía, á iniciación no significado profundo dos xestos, palabras e símbolos dos sacramentos. 

 

Cas imaxes dos santos pode facerse algo similar: pasar da mirada que descubre unha talla, coma a de Louredo, e ir descubrindo cores, vestimentas, obxetos e símbolos que nos levan a unha hsitoria. Non sempre o artista prestou atención a isto, pois os gustos e as maneiras de "fabricar santos" dependen tamén das épocas, pero ben paga a pena fixarse nas imaxes para descubrir o que transmiten ou significaron. Un pode rastrexar a arte, a historia (da imaxe e do santo), a espiritualidade. Podes desvelar diferentes capas a partir do que coñeces e ves, ademais de querer saber máis a partir desa mesma ollada.

 

 

O culto cristián nútrese e maniféstase con imaxes, pero tamén con palabras. Nun primeiro intre imos recuperar a folla que lle dedica o misal en galego ó santo abade, na súa edición de 1997.  Aí atopamos unha introdución que resume algúns aspectos da súa vida, as dúas antífonas (que, por exemplo, se non se canta, poderían recitarse antes da sinal da cruz inicial e antes da comunión do pobo) e as tres oracións: dúas colectas, tanto a de antes das lecturas como a de antes da bendición final, así como a oración sobre as ofrendas, antes da consagración.

 

 

A versión castelán da oración colecta vai a continuación. Esta oración  só a pronuncia o sacerdote, despois de dicir "Oremos" e gardar un instante de silencio. Pretende recoller toda a oración en silencio da comunidade, falar en nome de toda a Igrexa e animar ós fregueses a que se unan, en lugar de quedarse só cas súas necesidades persoais. O pobo escoita e responde cun rotundo "Amén".

 

E todo se queda na Misa do santo? Non ten por que. Existe un rezo continuo da Igrexa, coñecido como Oficio Divino ou Liturxia das horas, que consiste no recitado de varios salmos e himnos, ademais da lectura de parte da Biblia e autores antigos de recoñecida autoridade. Dun dos seus tomos impresos recollo este inicio.

Ca súa división ó longo do día, quen se acerca a este rezo pretende non perder o norte de Deus, dedicarlle a súa xornada e manifestarlle non só o seu estado persoal, senón o de toda a Igrexa. Pode realizarse en soidade ou comunidade e non só o rezan os monxes e relixiosas. Ten unha estructura que pide adecuarse a diferentes horas do día, inda que permite adaptacións, conforme ó estado do orante.

Dende hai anos, pode consultarse e rezarse en liña, ademais dalgunha app. Por exemplo, imos coller esta versión ben traballada, do día de san Antón, captando o anaco referido á lectura para meditar, que é parte da Vita Antonii de san Atanasio.

 


Para rematar, unha referencia a unha obra clásica, que viu recentes edicións de diferente tono. Trátase do Año Cristiano, unha selección de textos, de diferentes autores, onde se presenta a vida e obras dos diferentes santos celebrados ó longo do ano. Segue un desenrolo cronolóxico, por meses, e vai presentando ós santos por días. Xeralmente, primeiro dá unha lista e, despois, escolle un como principal, ou varios, se a celebración que ten primacia corresponde a un grupo. A eles dedica algunhas páxinas. O estilo depende do autor, primando uns a investigación histórica e outros a reflexión mística ou a colección de miragres e lendas tradicionais. Ei vai un exemplo recortado da edición da BAC, publicada en 2002, con Pedro de Alcántara como autor.

 


 

Comentarios