O "san Juan degollado" 2022

Como soe suceder con outras expresións e nomes, temos en Louredo esta castelanización do título referida ó patrón parroquial. Fai referencia á celebración do martirio de san Xoán bautista, que na parroquia soe significarse cunha Misa. Así sucedeu onte, ás oito e media na tarde, cando don José Ramón Villar presidiu o Santo Sacrificio, para gozo dos veciños. Ó final do mesmo cantaron o himno a san Xoán.

Escoita parte do himno a san Xoán, cantado este 29 de agosto de 2022, AQUÍ.

Queres escoitalo completo? AQUÍ

Nesta ocasión non hai novena nin festa, como si sucede ca natividade do bautista, que se celebra alegremente o 24 de xuño, ca súa festa, procesión e novena preparatoria. Sabedes se algunha outra parroquia do arciprestado de Ribadavia festexa as dúas datas?

Coñece a novena a san Xoán de Louredo, AQUÍ.

A denominación eclesial do noso "san Juan degollado" é a de martirio de san Xoán, en calidade de memoria obligatoria. A misa propia coñece ata tres textos propios: oración colecta, oración sobre as ofrendas e oración despois da comuñón. Todas son ditas só polo sacerdote e refréndanse ó final polo pobo cun sentido "Amén". 

Coñece os textos propios da Misa do martirio de san Xoán, AQUÍ.

O evanxeo é de Marcos, ca narración do martirio do bautista a mans dun Herodes en festa a quen lle saiu mal unha promesa. 


Graciñas, José Ramón, por acompañar e animar ó pobo nesta data! E tamén polas fotos que animan este escrito. 

Recorda a festa do san Xoán 2022, AQUÍ.

Comentarios