A Escadiña

Algúns camiños de Louredo, Cortegada, teñen curiosos nomes e hoxe imos ver un deles. O da Escadiña, un estreito camiño en costa.

Escadiña, semella o diminutivo de "escada", escaleira, verdade? E a súa forma, na parte alta, así o reclama. Trátase du camiño en costa, con dous brazos, que conecta O Campo ca Torre dende dous puntos cercanos. Un deles é a poza da Lama e o outro a baixada da pena do Campo. Ambos son estreitos e de terra, con parte onde se pasa sobre pedra granítica. Na parte alta, a un paso da eira con canastro da Torre, algunhas desas pedras parace que foron traballadas para formar uns pequenos chanzos. Ou aproveitouse a feitura natural e o uso fixo o resto. 


Hai uns días que marquei este camiñiño en Open Street Map e agora toca revisión do mesmo e mellora do aporte. No seu momento, pola forza do costume, sinalei só un dos brazos, o que arranca dende o extremo da poza da Lama, pero esquecín o outro. Hoxe dispóñome a remedialo.

 

Open Street Maps é un mapa mundial que podes modificar e enriquecer a partir dos teus coñecememos. No de Louredo xa fun colocando algúns topónimos e sinalando terras e patrimonio. O interesante é que alguén máis se animase a correxir, mellorar e ampliar o pouco que levo aportado. De momento, vou correxir e ampliar o camiño da Escadiña.


Foto que saquei en merzo de 2022 da subida dende Pena do Campo.


Foto de Rafa no 2010, case ca mesma prespectiva.


Os do fondo son os canastros da eira da Torre.


Comentarios