Toponimia de san Xoán de Louredo nos mapas en liña IV

Despois de pegar un repaso rápido ó primeiro documento da "Ordenación de núcleos rurais" do PXOM de Cortegada, ano 2012, vamos a polo segundo. Vainos aportar uns poucos topónimos máis, basicamente referidos ós barrios de san Xoán de Louredo. O mapa completa o que viamos onte e a información que aporta a maiores refírese á zona da Touza, O Cazapedo e O Outeiriño. Non hai novidades nos extremos de Louredo e O Pazo.

Como xa vimos onte, aparece O Outeiro ben referenciado. Nós temos un topónimo máis para introducir, que é o da Laxa, separado da parte alta do Outeiro por un caminiño. É como se a sección aquí coloreada e resaltada se puidese dividir en ata tres: Outeiro (mira cara A Touza), A Laxa (mira cara Louredo e O Regueiro) e O Regueiro (as casa que están ó pé da estrada que une O Cazapedo co Regueiro e Os Diestros). Actualmente, O Outeiro conta cunha familia e A Laxa con outra, itinerante.

A Touza aparece aquí como un topónimo referido a unha viña, pero nós aplicámolo a viñas, casas e adegas. Coma o Outeiro, contabiliza unha familia vivindo alí. Hai varias ruínas de vellas adegas, un campo cercano denominado Campo da Raíña, a Viña dos Cotos e camiños que van cara o monte (nun deles atopamos un lavadeiro privado, abandonado, pero en bo estado) e cara A Tella.

Entre A Touza e O Outeiro temos dúas confluencias de camiños: unha ábrese cara a Fonte de Pedradas, sendo desde hai tres anos un camiño cementado, e outra ábrese cara O Cazapedo, que dá nome a unha praza e ó lugar, que conta cunha familia fixa e outras itinerantes. No mapa aparece este topónimo resaltado, pero a zona onde o colocaron é a de Requeixo e O Coutiño. Este aparece, pero máis semella refereirse ás terras que ó lugar habitado. 

O mapa trúncase e xa non contempla unha última zona: a da Tella, ubicada a un paso dos montes do Cadaval, situada dominando os campos da Alfarrapa e na confluencia das estradas da Buratiña e do Cadaval.

Complemento estas informacións, centradas na toponimia, cunhas fotos que publiquei noutros medios, co seus textos.

1. El 10 de diciembre de 2017 colgaba esta foto y escribía lo siguiente en la comunidad de Louredo de G+ (que desapareció en abril de 2019):

Día de temporal el de hoy, muy propio de este tiempo invernal en que estamos. Tiempo propicio para repasar fotografías de años pasados. Os comparto esta del 2003, sacada en la viña dos cotos, despuntando los tejados de casa y antiguas bodegas de A Touza.

La niebla aún cubre parte del pueblo, pudiendo imaginar que subía desde Remuíño, tapando completamente la zona de O Tabolado, auténtico paso de la misma y puente cara la otra fuente nebulosa: Cortegada.

¿Fue un año donde la vendimia se retrasó? Aún quedan uvas en las cepas, que bien pueden ser las últimas que se vendimian para casa, pues son tintas, y hace años que estas se destinan para consumo doméstico.


 

2. Lavadoiro que durme o soño da memoria no monte, a escasos minutos da Touza e da viña dos cotos. Haberá que preguntar que recordan os veciños dese lavadoiro que segue en pé. Complementábase cunha poza e un muíño de auga. Este dato é interesante, porque a historias que sempre escoito falan dos veciños baixando a Remuíño a moer o grau. Así ata a aparición da Molinera, o primeiro muíño eléctrico do pobo, situado na Torre, pretiño do cruceiro e transformador 




3. Esta foto foi tomada en san Xoán de Louredo, Cortegada, arciprestado de Ribadavia, no 2017. Son os zamarucos confeccionados por meu irmán Rafael. Á tradicional herba seca de recheo uniulle mimosas, conseguindo un efecto máis vistoso e festivo.

Os zamarucos de Louredo eran dous, home e muller, realizados con roupa vella e herba seca. Colocábanse na praza do Cazapedo, centro neurálxico das festas do pobo. Praza onde se celebraba o san Xoán, onde se gardaba viño e comida para os maiordomos (na casa da señora Xabiera) e se rifaban productos enxebre. Tamén era o lugar escollido para a ventá ou subasta pública de terras. Ben, pois os dous zamarucos eran colgados dun piñeiro e este era subastado, imaxino que para pagar as festas do entroido. 
O martes era "día santo", festivo, de tal modo que os veciños se disfraza Ban e deixaban de lado os penosos traballos do agro. Algúns collían cadeas ou cordas e saían buscar ós que seguisen cas labores. Collíanos entre uns cantos e levábano preso ata a tenda, pra que pagase un viño. Ás veces, deixábanse tranquilos ós traballadores ata mediodía, pasando a ser a tarde tempo de festa.

Comentarios