Despois dos aportes de onte, imos volver ó portal do Instituto Geográfico Nacional e, desde el, podemos escoller dous camiños: ou "Cartografía y datos geográficos" ou "Mapas e imáxes" (IBERPIX). Seleccionei o idioma galego e, como vedes pola grafía, está pendente de traducción e corrección a páxina. Calquera dos dous no vai abrir un visor cunha cruz central. É cuestión de usar esa cruz como punto de mira e ir ampliando ca roda do rato ata poder ver que, no zoom 12 (vese ese dato na parte superior esquerda) aparece o nome de Louredo.
De todos modos, o interesante vai aparecer no zoom 14. No 15, e posteriores, desaparecen a maior parte dos topónimos louredeses, inda que toma o seu lugar a palabra "Hórreo". Sitio curioso onde está, desplazando a de "Cazapedo". E por alí, inda que algún hórreo hai, non é de sonada importancia. Para iso, que a puxeran sobre o barrio da Torre, onde hai unha eira deles... Ben, volvamos ó zoom 14, que é o máis variado e interesante.

Probade a escoller diferentes capas, seleccionando esta opción na parte superior esquerda. E esperade un pouco, pois cargan con calma.
Vamos coller o mapa no zoom 16 e xogar a colocar varios topónimos louredeses.
Comentarios
Publicar un comentario