Dúas veces celebra a Igrexa católica a san Xoán bautista e outras tantas o pobo de Louredo, que o ten de patrono (di o himno: de Louredo, su pueblo en favor). E por eso nos xuntamos uns cantos para a Misa do día propio de san Xoán, o día do seu nacemento,a 6 meses do Nadal. Ó ser luns houbo menos xente, pero non se perdeu o espíritu de pobo por iso, e fomos xuntándonos nos Diestros, falando e felicitando ó Juan que nos atopamos, antes de entrar para a procesión e Misa.
O sábado 22 foi todo máis vistoso, pois había máis xente no pobo e estaba recén feita a preciosa alfombra floral que percorría a zona central da igrexa parroquial.
Unha alfombra na que estiveron traballando ata as dúas da mañá, tras da profunda limpeza que realizaron o xoves. Hoxe, luns, a alfombra mostraba restos do que fóra, pero inda gardaba parte da súa maxia. Non esquecemos o traballo esforzado de cantos a fixeron posible.
Así se vía o sábado 22, en foto dende a zona alta, do coro parroquial.
De novo ás campás nos convocaron ás 12:30 no templo parroquial. Unha cosntrución dunha sola nave, con dúas habitacións pequenas nos laterais do presbiterio: unha funciona como sacristía e outra como almacén. Inaugurouse tal día coma hoxe, en 1913, tras varios anos de esforzados traballos.
Don José Ramón, o párroco, animounos a vivir con intensidade e fe o momento. Antes de Misa, convocounos á procesión. Mentres que o sábado foi por parte do pobo, hoxe, ó estar menos veciños, realizámola en torno á igrexa.
Unha sola volta, cos cantos sustentados polo coro parroquial. Parados ante a porta maior, o cura rezou polos defuntos e as intencións do pobo presente. Entrando de novo, pasamos á celebración eucarística.
Como canto final, de novo, o himno a san Xoán de Louredo, do que din os maiores que foi composto por dous curas, afillados do párroco e veciño de Louredo, don Esteban Viso Rodríguez. Este ano, a ver se pa festa do "san Juan degollado", podemos presentar a partitura que Juan Manuel Vázquez Vázquez (fundador de Xerión) preparou a partir dun par de vídeos que lle pasei. Un fragmento desa partitura xa a coñecemos, porque o sábado 22 repartimos unha folla informativa con ela.
Aproveito para compartir esa páxina ca partitura e un vídeo onde escoitamos un fragmento do estribillo del.
Unha vez rematada, o reencontro e despedida cos veciños, indo cadaquén para casa, alegrándonos polo bo tempo que veu para a festa e a xente que veu, a pesar de ser laboral.
Comentarios
Publicar un comentario