Virxe de Fátima, imaxe en Louredo

No pobo de Louredo atopas unha universalmente recoñecida devoción mariana: a da Virxe de Fátima. E mantense visiblemente por dúas imaxes: a da igrexa parroquial e a que percorre unha serie de fogares louredeses. Descoñezo a orixe de ambas e cando se comezou tal culto, pero podiamos pensar que se manifesta con forza a partires do mediado de século pasado, cando unha imaxe portuguesa, chegada a Ourense o 30 de maio de 1948, peregrinou por toda a diocese durante dous anos. Habería antes novas daquelas aparicións no país veciño? Pode ser, xa que non nos queda tan lonxe a terra lusitana e, o mesmo que se pasaba contrabando, podían correr as novas entre as terras irmás.

Comparto, pois, a preciosa imaxe do templo parroquial, que vemos no altar da dereita, adicado a devocións marianas, preto da Inmaculada (ou Ascensión?) e baixo a pequeniña Virxe de Luján.


José Manuel Pérez mándame unha foto (que recorto). 

 

Nela observamos a presenza dunha imaxe que ben podería ser esta. É de mediados dos anos 50 do pasado século. Os retablos estaban escuros, sen pintar. Cousa que sucede no cambio de década, no 59/60. 

Concretamente, José Manuel escribiume: As fotos son de 1955 e 56. Sobre a cor do retablo a explicacion é que estaba sin pintar! Pintáronno no ano 1959/60, cando nós viviamos no barrio de Louredo, e un dos pintores durmiu na nosa casa… Era parente dun sr. de Xinzo, Pascual Díaz, que tiña un almacen de ultramarinos.

Tras destes aportes, a pola portátil, que percorre algúns fogares do pobo e da que puxen foto e texto a finais do 2021:

Imaxe da Virxe de Fátima que vai de fogar en fogar por Louredo, con preciosa caixa de madeira traballada.

Recordades a sinxela que tiña antes? Quen compuxo esta e cando?

😍 Que bonito é compartir datos e recordos. O escrito permanece e pode compartirse moi rápido na Rede! E se un ten a sorte de consultar as fontes, xa unha marabilla. Paso a compartirvos un comentario do autor desta beleza de caixa, Carlos Miguez 😉👍 

"Esa caixiña fixena eu no ano 97. A anterior estaba feita polvo,xa tiña moitos anos e xa dera moitas voltas o pobo cando había moitos mais veciños que agora."

Na parte de atrás está a lista de veciños que a reciben en casa. Antes tiña unha periodicidade que se cumplía rigurosamente, de modo que paraba o mesmo tempo en cada familia. Dun lado ten o oco para meterlle unha moeda. Con esa doble porta pode mostrarse a imaxe ou pechala e protexela.

Quen comezou este costume peregrino de pasarse a imaxe?

Diante pónselle unha vela e rézase (hai anos podía ser unha "mariposa" flotando nun pouco de aceite bendecido do san Benito) . As portas quedan francas de día e clausuradas de noite, convertíndose a imaxe nunha máis da familia (ó despertar, apertura e rezo, ó ir durmir, igual). Tamén era normal que os avós se xuntasen cos netiños para rezar o rosario diante dela. Acababas sabendo as ladaíñas de memoria!

Lemos a oración colecta, sacada do rezo de Laudes e que tamén resoa na Misa, xusto antes das lecturas.

Oh Dios, que a la Madre de tu Hijo la hiciste también Madre nuestra, concédenos que, perseverando en la penitencia y la plegaria por la salvación del mundo, podamos promover cada día con mayor eficacia el reino de Cristo. Por nuestro Señor Jesucristo, tu Hijo, que vive y reina contigo en la unidad del Espíritu Santo y es Dios por los siglos de los siglos.


Para a iconografía vou recoller un recorte do escrito "La devoción de Nuestra Señora la Virgen de Fátima", de  María Jesús APARICIO GONZÁLEZ, Universidad San Pablo C.E.U. Madrid, publicado en Advocaciones Marianas de Gloria, San Lorenzo del Escorial 2012, pp. 1083-1100 ISBN: 978-84-15659-00-6 e que podedes atopar gratis en Dialnet.


Recorto a descrición e comparamos ca preciosa imaxe da igrexa de Louredo e vemos que o trasbase das verbas á talla foi bastante axeitado:

 

La túnica, blanca como la nieve, cae hasta los pies. Está ajustada alrededor del cuello por un cordón dorado, cuyos extremos descienden hasta el talle.Un velo o manto blanco, cuyos bordes están guarnecidos con un fino galón de oro, cubre su cabeza, sus hombros y, cayendo hasta casi el extremo de la túnica, envuelve todo el cuerpo. El rostro, de líneas purísimas e infinitamente delicadas, brilla en una aureola de sol; sonríe cariñosamente, pero con sonrisa ligeramente velada por una sombra de tristeza. Los ojos son negros. Tiene las manos juntas sobre el pecho. Del brazo derecho pende un bonito rosario de cuentas blancas, brillantes como perlas, y termina con una pequeña cruz de plata, también brillante. Los pies descalzos y sonrosados, descansan suavemente sobre una ligera nube de armiño, que roza las verdes ramas del arbusto.


E, como remate curioso, este recorte da versión dixitalizada en Galiciana de La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano 52 Número 15932 - 1961 maio 7, onde queda constancia dunha peregrinación parroquial de san Benito do Rabiño e Louredo ó santuario do Couto.


Comentarios