San Xosé, imaxe en Louredo

San Xosé: 19 de marzo

Da epacta 2024, páx. 121: 

Solemnidad de San José, esposo de la Bienaventurada Virgen María, varón justo, nacido de la estirpe de David, que hizo las veces de padre para con el Hijo de Dios, Cristo Jesús, el cual quiso ser llamado hijo de José, y le estuvo sujeto como un hijo a su padre. La Iglesia lo venera con especial honor como patrón, a quien el Señor constituyó sobre su familia (elog. del Martirologio Romano).


Oración colecta, Laudes
Dios todopoderoso, que confiaste los primeros misterios de la salvación de los hombres a la fiel custodia de San José, haz que, por su intercesión, la Iglesia los conserve fielmente y los lleve a plenitud en su misión salvadora. Por nuestro Señor Jesucristo, tu Hijo, que vive y reina contigo en la unidad del Espíritu Santo y es Dios por los siglos de los siglos.

A imaxe que vemos en Louredo vai acompañado do Neno Xesús; ambos mirándose. Atopámola no retablo maior, á dereita, á mesma altura que a imaxe do Sagrado Corazón, situado no mesmo retablo, pero á esquerda. No centro queda a imponente imaxe do patrón parroquial, san Xoán bautista.

As imaxes de san Xosé e o Neno mostran unha chamativa contraposición complementaria: mentres que a do "pai putativo" aparece receptiva, laxa, como en trance, sen apenas expresión no rostro ou forza nas mans, a do Neno á dinámica, pois está falando e camiñando. Rómpese a tradicional ensinanza do pai cara o fillo, sendo aquí que é o home-deus quen ensina e leva da man. O santo obreiro cunha expresión facial de interiorización, de mirada perdida, inda que dirixida cara o Neno, como vendo máis alá del. A súa man dereita apenas semella un lugar de agarre para a manciña infantil que é a que colle con forza, flexionando os dediños (os de san Xosé apenas se doblan só no final). A man esquerda amaga o xesto de empuñar, pero está caída, practicamente á altura da dereita do Neno. Mentres neste si temos unha man que apreta unha cruz dourada contra o seu peito (curioso elemento, pois temos no mesmo retablo unha figura dun Neno abrazando a cruz, tamén), naquel a man apenas sostén unha fina vara rematada en flor, detalle recurrente na iconografía do santo e que soe sosterse nunha cita bíblica (Nm 17, 16-20.23) e no apócrifo 'Evanxeo da natividade de María', onde lemos no VII, 4:


 


Gracias ó grupo de Facebook 'Igrexa do Ribeiro' podemos coñecer outras imaxes de san Xosé nos arredores. Vemos o exemplo do ano 2022.

Pasamos das imaxes ós textos, comezando polos universais e públicos, ata os devotos personais.

A epacta remarca a solemnidade do santo, non só cunha introducción que lle coloca a outros santos elexidos, senón cun comentario breve despois das citas bíblicas das lecturas do día. Lese na páxina 121 (123 do pdf en liña):

San José es como Abrahán y como el patriarca José, justos que saben esperar y confiar en la obra salvadora de Dios. El hecho de que Jesús fuera concebido virginalmente por obra del Espíritu Santo era algo que a san José le dejaba perplejo, y aunque sabía que la obra salvadora de Dios estaba detrás, él tenía que preguntarse cuál debía ser en esos momentos su papel de padre y esposo. San José es justo porque sabe ver la obra de Dios más allá incluso de la misma ley de Israel que él mismo respeta y cumple. Su fiel custodia y su piadoso afecto nos invita a querer servir con un corazón puro.

 

A folla que lle adica o Misal en galego, dende a que se indica o resto de rezos para a misa, tráenos unha introdución, dúas antífonas (breve cita bíblica que se pode ler na Misa para invitar á meditación persoal e que atopan o lugar ó inicio da mesma e antes de recibir a comuñón) e dúas oracións (colecta e sobre as ofrendas).

Pasando da liturxia pública e actual da Igrexa, podemos fozar un tanto na historia e os vellos papeis e libros que se gardan nas nosas casas. Así, nunha do Outeiro podemos consultar dous libriños que foron de devota consulta e espalláronse a mediados do século pasado. Neles veremos unhas páxinas adicadas ó santo de hoxe.

O primeiro é unha obra que inda hoxe pode atoparse fácilmente en librerías de segunda man e por diferentes canles de internet. Trátase do Devocionario Completo, do padre Remigio Vilariño, publicado este en 1946. Conforme ós datos biográficos da Biblioteca Nacional de España, foi un xesuíta, nado en Gernika-Lumo, Vizcaia, no 1865, que faleceu no 1939, en Bilbao. Pois del collemos estas dúas páxinas nas que comparte a misa de festa de san Xosé.

A segunda entrega consiste en dúas páxinas dun devocionario redentorista, 'Devocionario popular Redentorista', publicado anónimamente en 1949. Destes predicadores misioneros quedan ecos en Louredo e a contorna, xa que viñeron en varias ocasións a dirixir a súa especialidade, as santas misións. 

E desto quedou constancia en forma de cruces brancas nas nosas igrexas de Louredo e O Rabiño, ademais de documentos, como unha carta de 1909, recordando unha santa misión no Rabiño, parroquia matriz de Louredo, publicada no Boletín diocesano, ou unha estampa que conservaron no Outeiro, datada en 1960. Estes dous documentos son de moita importancia, xa que deixan constancia dos nomes dos predicadores e do párroco, ademais da data. Tendo este contexto en conta, normal que aparecese un devocionario redentorista no pobo.

 

Para finalizar, unha ollada a un manual de estudio actual, da editorial BAC, escrito por Julián López Martín, 'La liturgia de la Iglesia'. Na páxina 283, antes de ocuparse sucintamente de san Xoán bautista, dedica estas liñas a san Xosé e a súa celebración:

 

Comentarios