Un reloxo de sol en Louredo

O único reloxo de sol do que teño constancia en Louredo, que estea en lugar visible, é este da praza do Cazapedo. Sito no alto dun muro da casa de don Pepe e dona Gloria, recibe a denominación "do veterinario" por don Pepe (d.e.p.) que realizou tal labor, ademais de alcalde de Cortegada e Xinzo. Veciño que foi desta última, nado en Louredo e casado na Arnoia, era un entusiasta do pobo, dicindo que Louredo é o mellor pobo do mundo. Calquera que lle dedicase uns minutos podía escoitalo contar historias e compartir lecturas sobre el, o cal era unha gozada.

O reloxo de sol sitúase aproximadamente nas seguintes coordenadas, sacadas de Google Maps,

42°13'18.4"N 8°08'42.4"W

42.221785, -8.145102


Situado na subida do Cazapedo á Crespa, enfrente da Canella grande que sube cara O Outeiro e A Touza.


 

- 01/09/2020, 19:37


 

- 01/09/2020, 19:38


 

- 07/06/2021, 13:08


- 07/09/2021, 13:08


 

- 11/06/2021, 13:08


 

- 11/06/2021, 13:08


- 20/08/2023, 19:04


- 20/08/2023, 19:04

 

Á chedada a Louredo para a misa do san Xoán degollado aproveitei para unha última tanda de fotos, a pesar do ceo que se cubría por momentos. Como antes, poño foto do lugar e, a seguir, dúas fotos do reloxo, dende dous puntos cercanos da praza, rexistrando a hora de cada unha.

- 29/08/2023, 20:20



- Un minuto máis tarde, 20:21, cunha perspectiva lixeiramente distinta


Collendo pola Crespa, zona máis alta co Cazapedo, esa mesma tarde, tirei esta foto do atardecer, iluminando preciosamente a igrexa parroquial, ás 20:23.


Unha novidade recibida o 12 de outubro de 2023 de parte de José Manuel Pérez: no anverso do reloxo vese a data de 1998, que constituiría centenario, vendo a data presente na porta principal da casa, que á cara a canella grande: 1898.




Comentarios