Textos relacionados con san Antón de Padua

Entre as imaxes de santos que temos na igrexa parroquial de san Xoán de Louredo podemos encontrar a de san Antón de Padua, bautizado Fernando, inda que o cambiou despois, cando tomou os hábitos franciscanos. Sabedes atopalo? No retablo da esquerda, conforme se entra, debaixo do san Antón abade.

A imaxe é típica e moi recoñecible: hábito con cordón, tonsura e Neno nos brazos.

Aí o vemos na súa peana, entre a Virxe do Carme (á súa dereita) e santa Rita (á nosa dereita), con san Antón abade, o ermitaño exipcio, na zona superior.

Situámolo cunha visión completa dos retablos, vistos dende o alzadeiro de madeira que remata onde comezan as escaleiras cara as campás.

 


Relacionado co santo teño varios textos que paso a compartirvos, como exemplo do que se pode atopar, tanto na Rede como nas nosas casas. Pois si, tamén en casa hai moitos "vellos papeis" que teñen bastante para dicirnos. Por iso traio aquí esta páxina dun devocionario popular redentorista, publicado no ano 1949, despois de colocar recorte da epacta, o calendario litúrxico-pastoral da Igrexa en España, que marca as diferentes festividades, ademais de ofrecer un escollido material doutrinal, formativo e oracional.


 

Como chegou a Louredo o devocionario non supón moito misterio, pois os redentoristas viñeron varias veces pola zona, nas "santas misións". Quedou recordo nas dúas cruces brancas que inda se conservan na porta maior da igrexa.

 

 

 

 

 

 

Se pasamos da devoción popular á universal, seguramente pensaremos na Misa, por iso botamos un ollo ó Misal.

 

 

Non é tan popular, pero a Igrexa dispón dun continuo rezo, aberto a seglares e ordenados, que se denomina Liturxia das Horas. Seguindo a idea de santificar o día e a noite ca oración, fixáronse varios volumes onde se repartiron a maior parte dos salmos (completos ou recortados) e unha ampla selección de textos bíblicos e de diversos autores relixiosos. No Oficio de Lecturas desta memoria pode lerse un sermón do santo Antonio, coñecido por ser un grande orador.


Para rematar, unha ollada ás primeiras liñas biográficas dun "Año cristiano" de 2002, firmadas por Luis Arnaldich.

 



Comentarios