Novena san Xoán 2023 I

 Como teño feito estes últimos anos, recupero a novena de san Xoán de Louredo e vouna compartindo, aderezada con lecturas complementarias. A idea é coñecer o texto usado no pobo, unirse cos fieis que a rezan alí, dala a coñecer por se alguén pode dicirnos algo sobre ela ou compartir recordos, ademais de ofrecela a quen a queira investigar e coñecer en profundidade.

Centrándonos no texto da novena, xa publiquei as tres versións coñecidas.

Este ano 2023 sigo os pasos xa dados, pero con algunha nova aportación. Desta vez comparto o borrador do que sería a versión actual, revisada e correxida, do texto clásico usado no pobo. Usando ese como base, pegueille unha volta, correxindo levemente ortografía e puntuación, amén de revisar as citas e porlle ben os autores das mesmas. Cada día colocarei o que sería o borrador (sempre axuda que alguén revise as túas revisións, verdade?) e, a seguir, unha serie de textos, de diversos autores, relacionados co bautista. O formulario do rezo será completo: oración inicial, rezo propio do día, oración final. As oracións que abren e pechan son sempre as mesmas.

Imos alá co primeiro día!

Novena (clic enriba para aumentar tamaño de texto):

Lectura complementaria


Comentarios