Notas sobre a Buratiña, Louredo

A Buratiña é un topónimo que o padre Sarmiento recolle nas súas notas sobre a viaxe que fixo por Galicia no 1745. Pasou por aquí, tras atravesar parte do Ribeiro, A Arnoia, Remuíño, subir a costa de Refexón, atravesar Louredo e coller cara Refoxos, para despois continuar camiño a Celanova


Dependendo de se lle preguntas ós maiores ou se consultas o visor en liña de Catastro, é unha zona boscosa e dalgunhas vellas viñas que se extende desde A Tella ata A Pista ou se concentra en dous anacos partidos pola estrada de entrada a Louredo, ó ladiño da Tella.


Sexa como for, Buratiña ben pode facer referencia a unha cova pequecha. No Dicionario en liña da Real Academia Galega aparece formando parte dun exemplo do termo "Burata": Non vaias caer na burata. Antes ou despois hei de vir para esta buratiña. A seguir, premo no sinónimo "Buraca" e danos estes significados: 

buraca Para todas as acepcións SINÓNIMO burata  

substantivo feminino 

1 Burato ou cavidade grande. Colleunos a noite ao virmos e caemos nunha buraca. 

2 familiar Sepultura, propiamente cando está cavada na terra. Quédalle pouco para ir á buraca.  

SINÓNIMOS cova, furoco, tumba

E eso lévanos a un descubrimento recente, que eu coñecín por meu irmán. O dunha cova de escasa extensión, pero ben accesible, no monte cercano ó vello transformador da serrería; entre este e a nave de materiais de construción do Carmelo ("O Perricho"). 

Aínda recordo cando estaba a maquinaria do interior do transformador, hoxe desaparecida. Todo na parede, de cor marrón, unha invitación a soñar para un neno que nunca tal vira. Ata contabamos cun familiar que nos explicaba como funcionaba! Agora venlle o monte encima, estando a un paso da estrada, e xa non ten porta nin interior atractivo. Hai uns anos, houbo quen lle fixo unha pintada nunha das súas caras. Así languidece esta pequena construcción ás portas de san Xoán de Louredo.


 

Carlos Miguez, veciño de Louredo, recorda del: "O que dis do "vello transformador da luz",esi a primeira impresion que da e coma se fora do pobo,pa servicio dod veciños de LOUREDO. Supoño que sabes que e,e esta no "private",non? O dito Trasformador,pertenece a Herdrs.de Don Ricardo Formigo(RiP)e Dona Maruja ,do Coutiño (res.en Vigo),o cal usaban pra facer funcionar as maquinas do Serradero que eli tuveron.O Serradero do que nun principio tamen foi socio Don Benito tal e tal,"O Binitinho",funcionou pouco tempo,o Benitinho largou pa Alemania e o Ricardo dedicouse o negocio da madeira Queimouse todo ala polo ano 81-82,nun incedio fotestal como non se viu nin recorda outro igual.Estralaban as Uralitas coma foguetes da intensida do calor,quedou todo reducido a borralla,coma todo o monte desde Soutelo hasta Piñon,e gracias o desplegue de medios aereos do desaparecidoICONA(istit.de consrvcon.da natrza.),as motobombas dos arredores e os veciños,que alguns xogaronse,non o fisico,senon a vida polos remoiños do vento. "


A cova da Buratiña, da que ós que preguntamos nada sabían, ten unha entrada en descenso que permite o paso de calquera, logo xa te tes que encoller e podes tirar uns metros, ata chega ó fin do corredor principal. 


Un secundario, de difícil aceso, queda á man dereita e só se pode guichar un tanto, a costa de arrastrarte por el. Unha excavación para extraer arxila? É unha hipótese de meu irmán, unindo a existencia desta cova ca toponimia cercana: a dita Buratiña, A Tella e, xa no cercano Soutelo, A Telleira.

Se seguimos os poucos datos do visor catastral, ben pode ser esta excavación a orixe do lugar e sería normal que se reducise á zona, quedando o resto denominado "monte Serra da Pena". Mal nome non é, xa que as terras boscosas do redor están en ladeira e suben cara o Alto da Sardiñeira, onde chama a atención unha pena, lugar de encontro entre as mulleres que compraban o peixe e partían cara as poboacións cercanas a vendelo. Podía ser.

Outra zona pétrea de referencia sería o Coto da Moura, situado na ladeira e non sempre visible. Por aquí andaban os nenos co gando, cando era terra máis de pasto que de monte. As historias que puideran escoitar aqueles rapaciños ou as que puideron inventar, de momento quedan no silencio.

 


E se facemos caso da memoria e alongamos A Buratiña ata a estrada Celanova-Cortegada, alí onde tantas veces fomos xogar de nenos os domingos e coñeciamos co nome de A Pista? Atopariamos unha cruz!


Preto de Louredo, en terras do Rabiño, parroquia de san Benito, no límite cas terras de Refoxos, enfrente do Coto da Forca. A actual cruz da Buratiña está conformada por dous materiais: a pedra de parte do deu pé e o cemento co que conformaron unha sinxela cruz. A dicir dalgúns maiores houbo aquí un cruceiro e don Ramon Rodriguez, nado en Louredo, di que recorda os restos daquel cruceiro polo chan, cando saía pola zona a pastorear. Hai quen comentaba que puido ser un encargo da señora Urbana, que vivía en Refoxos, ó señor Juan, de Louredo, canteiro que deu ó pobo os cruceiros da Alfarrapa e O Tabolado.


Actualmente, queda nun altiño, entre toxos e monte, inda que se chega ben, pois quedan restos dun camiño. Un pode aparcar a poucos metros dela e visitala. A face da contorna mudou radicalmente cas obras da nova estrada Cortegada - Celanova, que deixou moi mala entrada a Louredo, inda que mellorou a comunicación cos pobos, reducindo curvas e mellorando sensiblemente o firme. Queda parte da anterior estrada, co que se fai máis sinxelo imaxinar o aspecto de hai uns anos. Esta cruz, cando era cruceiro, quedaba na confluencia de camiños, entre Louredo e Pousadoiro, Soutelo e Zaparín, Cortegada e Celanova.

 

1. Cruce da Tella
2. Transformador da serrería
3. Cova
4. Zona da Buratiña
5. Zona do Cadaval (https://cutt.ly/ZUk2qPX)
6. A Telleira, cun cruceiro na estrada e o da Alfarrapa (https://cutt.ly/QUzel4t) a poucos metros


Enfrente da cruz queda un alto, un monte que comparten os do Rabiño e Refoxos. Digamos que metade e metade, cousa que se nota na plantación arborícora. Trátase do Coto da Forca, que seguramente leva ese nome como lugar limítrofe onde se impartiría xustiza ou se dirimiron contendas por saber onde remataban as terras de cada poboación. Un alto dende o que se divisa boa parte da contorna e cuxa cima se acada en poucos minutos.

 
A un paso da cruz está o vello campo de fútbol de Louredo, que poucos anos coñeceu en activo. Depois aproveitouse como campo de "paintball" e hoxe está de monte. Se segues cara Louredo atopas a nave do Perricho, adicada ós mateirais de construción. No monte cercano, unha cova de escasa lonxitude e misteriosa historia, pois inda non dei con quen me dixera cando e por que se abríu. Pretiño dela, o vello transformador da Tella, adicado a unha serrería que ardeu e da que apenas queda algún resto físico e a memoria dos veciños. Logo pasarías pola Tella, O Coutiño, O Cazapedo...


 Cruce de A Tella (https://cutt.ly/pY8CcFl), Louredo (https://cutt.ly/5Y8Bmoy).

Por la izquierda subes hasta el transformador (https://cutt.ly/JY8CsSL) de la serrería (desaparecida tras un incendio; https://cutt.ly/sY8ChIO), puedes meterte monte a través para descubrir una curiosa cueva (https://cutt.ly/9Y8CzwY), seguir por carretera hasta la nave de Carmelo y el abandonado campo de fútbol (en A Buratiña, topónimo que el padre Sarmiento anotó en su viaje de 1745: https://cutt.ly/5Y8CRrs), a A Pista y subir a la cima del Coto da Forca (https://cutt.ly/WY8CJuq), tomando luego dirección a Zaparín, disfrutando las vistas desde O Coto da Moura...

Por la derecha bajas a O Cadaval (https://cutt.ly/xY8CuSR), llegando a A Telleira y Soutelo. En un cruce verás un cruceiro (https://cutt.ly/iY8CNiF) y, a pocos metros está el de Alfarrapa (https://cutt.ly/nY8VAjT). Desde ahí puedes regresar a Louredo por terrenos con bastante agua o tirar cara O Rabiño (https://cutt.ly/8Y8VLT4), tras pasar por A Granxa de la "bruxa Conchita" y el curioso cruceiro (https://cutt.ly/wY8VMYn) bajo la misma, donde salía el camino de Louredo, desde O Pazo (https://cutt.ly/SY8BgsW). O puedes tomar hacia Cortegada, sin olvidar que en la zona de Granada encuentras la capillita de santa Marina (https://cutt.ly/iY8BlC4).


Dende a cruz, se se colle a costa cara Zaparín, chegas ó Coto da Moura, conxunto de pedras que ben paga a pena visitar, pois volver estar limpo o monte por esa zona, tras anos agachada entre toxos, silvas e fento. Non queda memoria de lendas relacionadas con el. Seguindo a costa, o Alto da Sardiñeira, onde as mulleres que vendían pescado polo pobos da contorna se xuntaban, como antes escribín. Alí se intentou buscar unha vea potente de auga, pero quedou a busca en nada. 

Un camiño polo monte leva ata o santuario da Nosa Señora do Val, lugar fermoso onde a igrexa quedou a medio construír. Tamén se pode coller para Zaparín, A Raíña, Piñón e baixar ata Remuíño por unha estrada estreita e curva, con belas vistas dos montes. 

Comentarios