O monte do Chanduzal aparece nos documentos como Chan de Ouzal, sendo una estensión ampla de Louredo, situado nun alto que domina o pobo, do que chegou a achairarse un anaco pra dedicalo a campo de xogo para a xuventude dos anos 30 e seguintes. Don Pepe, o veterinario, dicía que alí se atopaba un castro, inda que non se tiñan atopado restos. Hoxe en día podería ser bo revisar o lugar, xa que hai pouco que foron cortadas moitas árbores e quedou bastante terreo á vista.
El pueblo de Louredo, tal y como se conoce hoy, no existió así desde el principio.En la Tesis Doctoral de D. Amable Veiga Arias, nos asegura que Louredo procede de un Castro Celta, localizado en el Monte "Chanduzal", más tarde romanizado, encima del barrio o lugar del pueblo que se conoce con el nombre de "Cabo de Louredo".
En la década de 1930, los mozos de Louredo hicieron un campo de futbol. Se llama Louredo por ser un bosque de loureiros.
![]() |
Documento completo en delouredo.blogspot.com |
![]() |
Chanduzal visto desde a viña do Pireiro |
Xorde o sol, poucos despois das 9 da mañá, tras do Chanduzal, visto desde a viña do Pireiro, o 26 de xuño de 2018. Unha calurosa tarde, o 14 de setembro de 2020, así viamos o monte dende O Tabolado. É o elevado da parte dereita da foto, no alto do barrio de Louredo.
Cambiando de ano e de perspectiva, vémolo dende O Regueiro, o 9 de xullo de 2021.
O 7 de agosto de 2021 captei o mesmo barrio de Louredo e o monte, desde A Laxa desta vez.
Agora desde o aire, pois José Manuel Pérez captou esta imaxe dende un dron, o 19 de xullo de 2020. O Chanduzal, ou Chan de Ouzal, vese na parte superior esquerda da foto.
Dende o visor de Catastro, obtemos esta vista, xunto con estes datos:
Vexamos se aparece algo na páxina web do concello. Na sección de turismo, historia, lemos esto, coincidente co dito no documento que redactou don Pepe:
En Louredo consérvase o Petróglifo da Ferradura onde se poden observar
seis pequenas ferraduras colocadas por pares. Estas manifestacións
artísticas son propias da cultura da idade do Bronce que se
desenvolveu en Galicia durante o III e II milenio a. C. Ó final desta
etapa constrúense os primeiros castros, asentamento que se xeneralizará
durante a Idade do Ferro, época na que se desenvolve en Galicia a
Cultura Castrexa (finais do Bronce s. VII a. C), esta supón a aparición
dun tipo específico de asentamento: o castro e por ende, os primeiros
asentamentos verdadeiramente estables. Todo o territorio galaico está
balizado por este tipo de asentamentos, o núcleo de Louredo, no norte
de Cortegada pode estar asentado nun Castro localizado no Monte
"Chanduzal", máis tarde romanizado.
No mapa de Open Street Map xa hai unha primeira delimitación do monte. Fixen o recorte de modo que saian algúns nomes xa mapeados e para que poidades localizar algúns dos lugares desde os que tirei as fotos anteriores.
Rafa, en 2011, sacou esta foto dende a zona dos Veciños, véndose parte das árbores do Chanduzal no alto, na parte esquerda.
Para finalizar, como nota curiosa, a inclusión da denominación oficial nunha nova de xa hai uns anos...
Más fotos y datos:
- De fondo, desde O Pireiro: https://cutt.ly/EYDhfKX
- Desde O Pireiro, á esquerda: https://cutt.ly/JYDjmuz
- Desde O Pireiro, por onde sae o Sol: https://cutt.ly/CYDjenI
- Desde O Pireiro, iluminado polo solpor: https://cutt.ly/MYDjxic
- Parte dereita da foto, desde O Tabolado: https://cutt.ly/WYDhbbL
- De fondo, desde O Outeiro: https://cutt.ly/vYDhF6O
- De fondo, desde O Regueiro: https://cutt.ly/QYDhCJP
- Ó fondo, desde Os Veciños: https://cutt.ly/lYDjj0n
- De fondo, lado esquerdo, dende o aire: https://cutt.ly/iYDh5ml
- Preto del, polo camiño dabaixo: https://cutt.ly/7YDhT35
- Referencia documental: https://cutt.ly/TYDjIbN
Comentarios
Publicar un comentario