217 fotos de Louredo en Flickr

217 fotos de Louredo en Flickr

En comparación co número de fotos publicadas no meu álbum de Facebook ("527 publicaciones, 622 elementos") ou das 521 publicacións en Instagram (fotos, vídeos, directos, reels), a verdade é que o álbum de Flickr non chama moito a tención. E menos se pensamos que case todas xa están presentes nas outras dúas redes sociais. Estes datos están actualizados a día 21 de agosto de 2021. E non creo que nas próximas xornadas vaian cambiar moito. De feito, quizás non publique moito sobre Louredo nestes tres espacios, porque a miña idea é encher os ocos que, ata agora, vou arrastrando: fotos de lugares non fotografados do pobo, publicación de novos documentos antigos, ligar diferentes publicacións para que, desde calquera delas, se vexan outras perspectivas (xa sexan miñas ou doutros), descubrir e promover publicacións interesantes doutros usuarios... E, coma sempre, quedaría o bonito traballo de recoller e compartir historias sobre Louredo e as súas xentes.

Flickr axúdame moito a obter novas perspectivas e relaxar a publicación de novidades. Gracias ó seu mapa, onde podo situar o que colgo no meu muro, vexo que partes do pobo están fotografadas e cales non. A solución é fácil: hai que sacar tempo para visitar o pobo en profundidade e sacar as debidas instantáneas. Tamén, buscar as fotos de outros usuarios, de modo que, xa sexa facéndolles copia, xa ligándoas con fotos miñas, poida ir cubrindo ocos, ofrecendo novas vistas de Louredo. Por desgraza, o visto ata agora só consiste en fotos e algúns vídeos, mais nada de textos.

Esto de ter partes do pobo máis documentadas tampouco me preocupa, pois aporta valor: o paso do tempo dun lugar, o descubrimento de detalles, partindo de vistas xerais, as diferentes perspectivas dende onde se enfoca...

Pode ser a oportunidade de parar e volcar parte do meu coñecememento do pobo nun novo espacio: OpenStreetMap, unha rede colaborativa que pretende documentar exhaustivamente diferentes partes do mundo e que conta con moitísimas opcións de edición. estou repasando o titorial de uso e as posibilidades de situar e describir case calquera obxecto e construción é unha marabilla. Teño que ver se hai outros "mapeadores" preto. Hai anos, cando entrei por primeira vez e comecei a aportar, comentáranme que por Ourense pouco había. Eu descubrino porque o usaron en varias novas da TVG. Tamén porque é o que usa RENFE no seu servicio "Localiza" e a mesma plataforma Flickr.

 


OpenStreetMap non só asume os datos que lle introduzas, senón que ofrece espacio para que te expreses, presentando ó resto de colaboradores o teu traballo. É a zona dedicada ó "diario" de publicacións, onde podes expoñer que sabes e de onde sacar máis.

Marcar lugares e edificios, xa non digamos estradas, leva o seu tempiño, pero eu creo que estas seguintes xornadas ben as podo aproveitar deste modo, con calma, deixando as debidas anotacións no diario, onde podería lanzar diferentes ligazóns a publicacións en redes. Xa vai quedando un pequeno repositorio documental, entre as entradas desta bitácora e, sobre todo, o álbum de Facebook

Ese álbum, a día de hoxe, é o mellor que atoparás, non só pola actualidade, senón pola cantidade, polas etiquetas e a xeolocalización, ademais de polos textos e as ligazóns a diferentes espacios onde ampliar o alí colgado. Que eu saiba, en Facebook, é o único álbum dedicado ó pobo. Si, hai fotos de usuarios e unha páxina e un grupo, pero cas limitacións da falta de periodicidade, falta de localización e de etiquetado, sen esquecernos da falta de textos explicativos. No tema de beleza nas fotos, momentos interesantes e construcións e terras, non hai nada que dicir máis que gardan marabillosas capturas, inda que tampouco alí atopamos unha representación fotográfica de todo o pobo.

Comentarios