Recupero nova da homenaxe a don Delmiro en Louredo en 2009

Homenaxe a don Delmiro en Louredo 

Outubro de 2009

Recupero dos meus vellos papeis, despois de atopar unha crónica sobre san Benito, a nova desta homenaxe a don Delmiro, que foi o cura de san Xoán de Louredo, anterior a don José Ramón Villar. Copio tal cual, mantendo a redación orixinal. Manteño os dous textos, en galego e castelán, pois así foi presentado para a súa publicación na web do Bispado de Ourense. Adxunto as fotos daquela.


Parroquia de San Juan Bautista de Louredo (Cortegada de Baños).

El pasado sábado 24 de octubre celebramos el 40 aniversario de la regencia de esta parroquia por parte de D. Delmiro González Carpintero. Coincide con el año de sus bodas de oro sacerdotales, celebradas ya en el Seminario Mayor de Ourense.

La ceremonia constaba de dos partes: la santa Misa, presidida por nuestro párroco, acompañado por D. Antonio García y D. Antonio Meleiro; y la cena, en la restaurada escuela del pueblo.

Al final de la Misa, dos recuerdos cargados de emoción: una placa conmemorativa de la fecha y una fotografía que mostraba a nuestro párroco junto a sus compañeros en el año 1959, año de su ordenación sacerdotal. Sin duda, este regalo acaparó buena parte de su atención y le emocionó visiblemente.

Actualmente, sabemos de la delicada salud de D. Delmiro, de ahí nuestra alegría por haber podido celebrar con él esta efemérides, aunque no todos los que quisieron pudieron estar.


++++VERSIÓN GALEGA++++

 
 

Parroquia de San Xoán Bautista de Louredo (Cortegada de Baños).


O pasado sábado 24 de outubro celebramos o 40 aniversario da rexencia desta parroquia por parte de D. Delmiro González Carpintero. Coincide co ano das súas vodas de ouro sacerdotais, celebradas xa no Seminario Maior de Ourense.

A cerimonia constaba de dous partes: a santa Misa, presidida polo noso párroco, acompañado por D. Antonio García e D. Antonio Meleiro; e a cea, na restaurada escola do pobo.

Ó final da Misa, dous recordos cargados de emoción: unha placa conmemorativa da data e unha fotografía que mostraba ó noso párroco xunto ós seus compañeiros no ano 1959, ano da súa ordenación sacerdotal. Sen dúbida, este agasallo acaparou boa parte da súa atención e emocionouno visiblemente.

Actualmente, sabemos da delicada saúde de D. Delmiro, de aí a nosa alegría por poder celebrar con el estas efemérides, aínda que non todos os que quixeron puideron estar.

Comentarios