Augas pa regar en Louredo II

Vén de atrás... 

Tampouco se recomenda probar á da Fonte do Cano. Soe cambiar o seu caudal conforme veñan tempos de chuvia ou calor abafante, aumentando no inverno e mermando, algunha vez ata desaparecer, no verán. 



Un grande lavadoiro, unha profundidade ben abondosa, segue en uso e as augas regan tacos (hortas) cercanas. 

No medio destas dúas fontes quedounos a poza do Regueiro, mandando frescor cara as terriñas así denominadas e as dos Diestros.

A seguinte fonte ten o seu encanto. É a dos Veciños, dunha auga cristalina e fría. Está situada nun patio moi curioso do pobo. Este patio, e a súa fonte, son de uso particular para dúas casas. De feito, é un patio pechado, con dúas portas nos seus extremos.


Situada na parte baixa do patio, con aceso mediante escaleiras, o seu manantial é accesible gracias a unha excavación cercana, na parte alta, tapada cunha pedra.

Non faltou quen dixera que nesta zona puido haber un convento pequeño, pero quizás non sexa máis que unha a confusión con outro Louredo, un monte e coto antigo, preto da cidade de Ourense. Un muro separa a fonte, co seu pequeno lavadoiro, da poza que sustenta, quedando a auga disponible para os tacos que a rodean. 

De seguir cara abaixo, a zona do Campo daría para varios pozos, moitos deles cegados hoxe en día, repartidos polas leiras. Moitos non tiñan máis sinalización que a boca rodeada de pedras, algúns non tiñan máis protección que varios maderos cubríndoa. Pero a xente sabía deles e a contorna estaba limpa ou traballada. De todas, en tempos non tan pasados, non faltaron desgracias por caer a algún deles, tanto persoas como algún animal. 

De referencia obrigada hai que citar a grande Poza da Lama. 

 

A rota ben podería rematar no Pazo, no precioso recuncho que acolle unha pequeña poza, abastecida pola fonte cubierta. A súa auga é fresca e saborosa, sendo considerada das mellores do pobo.



 

Comentarios