San Benito do vrau 2023

Un ano máis, soan as campás no Rabiño e o pobo volve invitar á festa de san Benito do verán. Xentes de diferentes poboacións chegan, a coche ou a pé, ata o precioso templo parroquial, onde xa na fachada agarda a figura do santo abade, de escura vestimenta. Con Misas dende primeira hora, cura que confesa, tenda de recordos no diestro e vendedores no que soe ser o aparcamento durante o ano, o día de festa abriu con temperaturas agradables, mentres o sol vai collendo cada vez máis forza.

 

Por desgraza, non gardo recordo en forma de fotos nin vídeos, xa que estes perdéronse por algún fallo da memoria dixital. Só me queda compartir as fotos que tirei co móbil e que son todas da vella novena dedicada ó santo. Nin tan mal, a verdade, xa que levan uns anos sen publicar unha edición nova e non pode conseguirse o libriño. En anos pasados fíxose popular e creo que pode atoparse en calquera casa de Louredo.

 

 

No Rabiño lese durante os nove días que preceden á festa, con Misa á mañá e á tarde. Como curiosidade, dicir que unha das oracións é secundada en voz alta por todo o pobo, pois animouse dende sempre a repetila, seguindo o rezado por un monitor dende o presbiterio. No mesmo libriño lemos que debe ser un rezo comunitario e abofé que o conseguiron converter en algo coñecido por moitos, que o recitan de memoria.

Yo os saludo, oh Benito, fiel discípulo de Cristo; yo os saludo, doctor y predicador de la verdad; yo os saludo, abad de abades, padre y pastor de la grey escogida de los monjes, amparo de la Iglesia y de todo el pueblo cristiano. Tuyo quiero ser para que con tu ayuda sea de Jesús, mi creador y amante Redentor. No permitas que yo sea excluido de tu patrocinio. Ampara a la Sede Apostólica; defiende de sus enemigos visibles e invisibles a nuestra España, y a todos tus devotos que a tus pies está postrados. Pide a Dios por todos para que nos gocemos de tu protección en esta vida y de tu gloriosa compañía en la otra. Amén.

 

Tamén coñecen os fieis da zona o canto recollido no mesmo libriño da novena. Ten a marabilla de conservar a partitura do estribillo.

 

 

San Benito do “vrau”

A parroquia do Rabiño mantén as dúas festas do santo, inda que a Igrexa Católica só recolle como de culto universal este día do 11 de xullo. O de marzo queda pos benedictinos. O maior despregue de xente coincide co verán. Así o puidemos comprobar, vendo a cantidade impresionante de coches que perfilaban os camiños que se achegaban á igrexa. Gracias ó dispositivo da Protección Civil, o aparcamento foi máis sinxelo e non había problema de tráfico detido. Por exemplo, dispuxeron que o camiño que sube ata a igrexa fose dunha sola dirección, que non se puidese acceder ata a zona de vendedores (traseira dos diestros) e que o camiño do fondo do Pazo (Louredo) non continuase ata O Rabiño, como é habitual o resto do ano.

Chegamos para a Misa das once, presidida por don Enrique, cura natural de Meréns. A partir do evanxeo, cas comparacións da luz e a sal, foi fiando unha homilía que conectase a lectura co presente, ca vida de cada un dos que se acercou ó altar e á imaxe de san Benito. Acompaño parte do que dixo ca imaxe do formulario de Misa desta festa, sacada do Misal actual, o da terceira edición.

A sal sirve para sazonar as comidas e cando unha comida non ten sal, inmediatamente, nos damos conta que algo lle falta. O Señor dinos hoxe, no Evanxeo que acabamos de escoitar, que nós, os cristianos, debemos ser sal, sal da terra, sal que transforme aquelo co que tome contacto. A sal disólvese, a sal desaparece, pero queda o sabor. Nós, como seguidores de Cristo, como devotos de san Benito, vamos procurar neste día de festa decir: mira, san Benito, eu quero imitarte, imitarte nas túas virtudes, e que as nosas obras den Gloria ó Pai que está no Ceo.

 

Uns datos biográficos

Na novena vanse desgranando algúns episodios da vida do santo, recollidos dun libro de san Gregorio magno. Para obter unha ollada superficial, mais xeral, recollo dúas testemuñas actuais, que nola resumen: unha da liturxia da Igrexa, outra dun Papa recentemente difunto.

Reseña biográfica do Oficio de Lectura

Nació en Nursia, región de Umbría, hacia el año 480. Después de haber recibido en Roma una adecuada formación, comenzó a practicar la vida eremítica en Subiaco, donde reunió a algunos discípulos; más tarde se trasladó a Casino. Allí fundó el célebre monasterio de Montecasino y escribió la Regla, cuya difusión le valió el título de patriarca del monaquismo occidental. Murió el 21 de marzo del año 547, pero, ya desde finales del siglo VIII, en muchos lugares comenzó a celebrarse su memoria el día de hoy.

Da Audiencia general de Benedicto XVI, mércores 9 de abril de 2008

Hoy voy a hablar de san Benito, fundador del monacato occidental y también patrono de mi pontificado. La fuente más importante sobre su vida es el segundo libro de los Diálogos de san Gregorio Magno. No es una biografía en el sentido clásico. Según las ideas de su época, san Gregorio quiso ilustrar mediante el ejemplo de un hombre concreto la ascensión a las cumbres de la contemplación, que puede realizar quien se abandona en manos de Dios. Por tanto, nos presenta un modelo de vida humana como ascensión hacia la cumbre de la perfección.

En el libro de los Diálogos, san Gregorio Magno narra también muchos milagros realizados por el santo. También en este caso no quiere simplemente contar algo extraño, sino demostrar cómo Dios, advirtiendo, ayudando e incluso castigando, interviene en las situaciones concretas de la vida del hombre.

La fecha del nacimiento de san Benito se sitúa alrededor del año 480. Procedía, según dice san Gregorio de la región de Nursia. Sus padres, de clase acomodada, lo enviaron a estudiar a Roma. Él, sin embargo, no se quedó mucho tiempo en la ciudad eterna. Al joven Benito le disgustaba el estilo de vida de muchos de sus compañeros de estudios, que vivían de manera disoluta, y no quería caer en los mismos errores. Sólo quería agradar a Dios. Así, antes de concluir sus estudios, san Benito dejó Roma y se retiró a la soledad de los montes que se encuentran al este de la ciudad eterna. Después de una primera estancia en el pueblo de Effide, donde se unió durante algún tiempo a una «comunidad religiosa» de monjes, se hizo eremita en la cercana Subiaco. Allí vivió durante tres años, completamente solo, en una gruta.

En el año 529, san Benito dejó Subiaco para asentarse en Montecassino. En todo el segundo libro de los Diálogos, san Gregorio nos muestra cómo la vida de san Benito estaba inmersa en un clima de oración, fundamento de su existencia. Sin oración no hay experiencia de Dios. Pero la espiritualidad de san Benito no era una interioridad alejada de la realidad. En la inquietud y en el caos de su época, vivía bajo la mirada de Dios y precisamente así nunca perdió de vista los deberes de la vida cotidiana ni al hombre con sus necesidades concretas.

El 21 de marzo del año 547 san Benito concluyó su vida terrena.

Comentarios