Himno san Xoán de Louredo 2021
Pasou a romería e non quedou apenas un recordo dela nas redes sociais, así que eu, que non puiden estar ningún día na novena nin na festa do san Xoán de Louredo, farei un último aporte dende o recordo e os papeis que fun gardando. Ogallá pronto os poida enriquecer con fotos, vídeos e textos actuais. Namentres, recollo e xunto o que tiña de antes e que quizais non se coñeza tanto. Mirade, mirade por casa ou na galería de fotos do voso móbil, a ver que atopades e podedes compartir. Porque entre todos podemos contribuir un algo á nosa memoria e historia. Se non, xa veredes, aquí queda testemuño de que entre o que un ten e o que pode conseguir, faise moito. GRACIÑAS, adiantadas á tía Marina, "dos Veciños", e a José Manuel, fillo "do veterinario", que me regalaron memoria e fotos.
Os nosos maiores dixéronnos que o actual himno a san Xoán de Louredo veu da man de dous curas, afillados do párroco e veciño, don Esteban Viso Rodríguez. Tamén falaban dun himno anterior, do que moitas veces só sabían da existencia ou parte da súa letra. Este mesmo ano, o coro de Louredo sorprendeu dando voz ó vello himno, do que, por desgraza, inda non sei nin a letra nin como sona. Así que, aquí, tiro de arquivo e recupero a letra que a tía Marina, dos Veciños, un día recordaba, concretamente, o 8 de xullo de 2005:
Manuscrito do 8 de xullo de 2005: vello himno de san Xoán de Louredo
Pues sois santo superior después de Jesús y María, sed de nuestras almas guía, san Juan, por vuestro (¿o "nuestro"?) amor.
Tu nacimiento glorioso por un ángel fue anunciado. Antes de santificado os confiesan portentoso. Cuanto baña el sol hermoso y pues sois tan celebrado.
Pues sois santo superior después de Jesús y María, sed de nuestras almas guía, san Juan, por vuestro (¿o "nuestro"?) amor.
Son recordos fragmentados, pero que xa ofrecen suficientes liñas como para investigar e buscar, verdade?
O himno de san Xoán actual soe cantarse cada día da novena e da festa. Xeralmente, celébrase a Misa e ó remate, antes da bendición final ou tras ela, comézase a novena. Esta consiste nunha oración inicial igual para os nove días, un rezo propio cada xornada, rematado cunha terceira oración que, como a primeira, repítese. A continuación, fanse as peticións persoais en silencio e rézase o tradicional triplete "Noso Pai, Avemaría e Gloria", antes de pasar ó canto do himno, que é longo e solemne, co cal sempre é bo darlle un ritmo alegre e andante. A letra do actual é así:
Al excelso san Juan tributemos alabanzas de gloria y honor. Y su augusto poder imploremos, de Louredo, su pueblo en favor. (bis)Manuscrito actual himno de san Xoán de Louredo
Tu nacer, por un ángel glorioso nos es anunciado. Y por vos, precursor venturoso, el portento de Dios humanado. Mensajero del Sol de la gracia, que bautizas a Dios humanado. Danos fuerzas, amor y eficacia, en servicio del Verbo encarnado. (bis)
Al excelso san Juan tributemos alabanzas de gloria y honor. Y su augusto poder imploremos, de Louredo, su pueblo en favor. (bis)
Este 2021 trouxo un novo papel no que a memoria atopou acubillo, quedando para a posterioridade. Gracias a José Manuel, que me comparte parte do arquivo persoal de seu pai, don Pepe, o veterinario, alcalde e entusiasta do pobo de Louredo, podemos hoxe desfrutar dun manuscrito onde alguén toma nota do himno a san Xoán e llo deixa en papel para don Pepe. Nada sabemos nin do ano nin do autor. A letra ten varias curiosidades, máis alá da ortografía, como son os cambios que se len respecto do orixinal e o aumento da letra, que vos vai soar, xa que parece facer referencia ó vello himno. Sería un veciño do pobo, que llo quixo legar a don Pepe? A que se deben os cambios entre o orixinal e esta versión? cambiou o himno nestes anos ou é froito de telo aprendido ou escoitado mal? Para que se coñeza, realizo transcripción a continuación:
Queda pendente ter unha foto dos papeis que manexan no coro de Louredo, de modo que teñamos unha terceira e actual fonte de información e comparación. Ata sería interesante facer o seguinte exercicio: preguntar ós veciños e nacidos en Louredo que están fóra, se recordan o himno e declamalo, cantalo ou escribilo. Que versións sairían desto? Mentres agardamos o momento de coñecer novas fontes, vamos coller unha máis, publicada, que ocupa as últimas páxinas do libriño da novena de san Xoán. Son os chamados Gozos de san Juan. Estes ocupan as páxinas finais das tres edicións da novena, segundo as coñecemos ata hoxe. É un escrito longo, con párrafos separados por un estribillo, e que en tódalas novena lemos que "se dirán al fin, si se quiere obligar mas al Santo". Esta frase e a seguinte versión saqueinas da edición usada en Louredo, a novena de 1889. Foron Os Gozos, cantados todos ou en parte, o antigo himno de san Xoán? Aquí vai a transcripción e fotos dos Gozos tal como se ven na fotocopia da novena que se usa en Louredo.
LAUS DEO.
Quedan, pois, expostas, as fontes que coñezo sobre os himnos a san Xoán de Louredo. Como xa fixen en anteriores ocasións, recordo que parte do actual ten reflexo noutro canto. Concretamente, nun localizado na parroquia de santa Inés, en Ribera de Arlanza, Burgos. Por desgracia, quen recolleu o canto e deixou memoria del na súa bitácora non puido obter máis datos. Así que nin coñecemos a melodía, nin o autor, nin o ano... Pero aí queda esta curiosidade: as similitudes e diferencias entre ambos himnos, separados polo santo a quen se lle adicaron e a distancia física das poboacións.
Comentarios
Publicar un comentario